Saltar ao contido

Adrián Sieiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdrián Sieiro
Biografía
Nacemento(es) Adrián Sieiro Barreiro Editar o valor em Wikidata
7 de decembro de 1992 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
Deportepiragüismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaPiragüismo en augas tranquilas Editar o valor em Wikidata
Participou en
2018Campionato Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas de 2018 Editar o valor em Wikidata

Adrián Sieiro Barreiro, nado en Pontevedra o 7 de decembro de 1992, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas. Foi dúas veces campión do mundo no C4 500 metros (2022 e 2023) e unha vez campión de Europa (2023).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro do Piragüismo Poio Pescamar, en 2018 sumou xunto ao poiés Sergio Vallejo a súa primeira gran medalla internacional, o bronce do Campionato de Europa celebrado en Belgrado, na proba de C2 1000 metros.[1] A pesar de gañar todos os selectivos nacionais entre 2017 e 2020 os problemas físicos de Vallejo deixaron á parella sen poder acudir aos Xogos Olímpicos de 2020 en Toquio.[2]

En 2022 proclamouse campión do mundo na proba de C4 500 m, xunto aos tamén galegos Manuel Fontán e Pablo Graña e o balear Joan Moreno, dúas semanas antes de proclamarse tamén campión europeo xunto a Joan Moreno no C2 500, no certame celebrado en Múnic.[3][4] En 2023 xa nas filas do Nautico O Muíño de Ribadumia revalidou o ouro mundial no C4 500 metros, co mesmo equipo que na edición anterior sendo compañeiro de Manuel no mesmo club.[5]

En 2024 disputou o Campionato de Europa na localidade húngara de Szeged, conseguindo o bronce no C2 200 metros, xunto a Manuel Fontán.[6]

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Competición
2022 Dartmouth Medalla de ouro Ouro C4 500 m
2023 Alemaña Duisburgo Medalla de ouro Ouro C4 500 m
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2018 Belgrado Medalla de bronce Bronce C2 1000 m
2022 Alemaña Múnic Medalla de ouro Ouro C2 500 m
2024 Hungría Szeged Medalla de bronce Bronce C2 200 m

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Adrián Sieiro» en CanoeResults.eu (en inglés).
  2. "El virus de Epstein-Barr, un enemigo silencioso que ha dejado a Sergio Vallejo y Adrián Sieiro sin Juegos Olímpicos". Pontevedra Viva (en castelán). 26 de abril de 2021. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  3. "Manuel Fontán y Pablo Graña logran el oro en el Campeonato del Mundo de Sprint" (en castelán). 8 de agosto de 2022. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  4. Carrazoni, Yuri (26 de agosto de 2022). "O ano da redención de Adrián Sieiro, ouro mundial e europeo en 14 días: "Penso en París 2024, mais non me obsesiona"". Nós Diario (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  5. "El cangués Pablo Graña, campeón del mundo dentro del C4 500" (en castelán). 27 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  6. Caldas, María (16 de xuño de 2024). "Manuel Fontán y Adrián Sieiro logran la medalla de bronce en el C2 200 metros" (en castelán). Consultado o 28 de xuño de 2024.