Pablo Heras Casado
Aparencia
![]() (2017) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1977 ![]() Granada, España ![]() |
Educación | Facultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada) Real Conservatorio Superior de Música de Granada (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director de orquestra ![]() |
Período de actividade | 1995 ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Anne Igartiburu (2015–2021) ![]() |
Premios | |
Sitio web | pabloherascasado.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pablo Heras Casado, nado en Granada o 21 de novembro de 1977, é un director andaluz de música clásica con proxección internacional.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Granada e estudou dirección coral con Harry Christophers e participou en clases maxistrais impartidas por Christopher Hogwood[1].
Colabora asiduamente coa Ópera Nacional de París. Dirixiu a orquestra do Carnegie-Juilliard no Carnegie Hall de Nova York e mais a National Youth Orchestra of Great Britain, entre outras moitas formacións. No Estado Español foi o director titular do Conxunto Orquestral de Xirona entre 2005 e 2008, e da Coral Belas artes de Sabadell entre 2003 e 2005.
Premios
[editar | editar a fonte]- Gañou o Premio Nacional de Canto Coral en 2004.
- Gañou o concurso de compositores de Lucerna en 2007.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Web oficial do músico". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2010. Consultado o 10 de abril de 2010.