Pacific Sun
Aparencia
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
Pacific Sun | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Aeroliña |
Data de fundación | 1980 |
Organización matriz | Fiji Airways |
Sede | Aeroporto de Nadi |
País | Fiji |
Na rede | |
https://www.fijiairways.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pacific Sun (antigamente Sunflower Airlines e Sun Air) é unha empresa aérea establecida en Nadi, Fiji. Dende 2007 é unha subsidiaria da Air Pacific.
Historia
[editar | editar a fonte]Don Collingwood, un piloto e executivo, fundou a aeroliña que se acabaría coñecendo como Pacific Sun en 1980, baixo o nome de Sunflower Airlines, que máis adiante se convertería en Sun Air. Os seus comezos foron cun único Britten Norman BN2 Islander, efectuando a ruta Nadi-Taveuni. En xaneiro de 2007 a frota creceu ata os doce aparatos, e a compañía daba emprego a preto de 140 persoas.[1]O 31 de xaneiro de 2007 Sun Air foi transferida á compañía matriz actual, Air Pacific, que tivo que facer fronte a unha denuncia da súa competidora, Air Fiji, contraria á absorción.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Avión da antiga Sunflowers Airlines.
-
Boing 747-400 da Air Pacific, subsidiaria de Pacific Sun.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Exquisite Fiji" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2018.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pacific Sun ![]() |