Paco Casal
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Francisco Casal ![]() 7 de agosto de 1954 ![]() Montevideo, Uruguai ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | axente deportivo, empresario, futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral dereito | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | paco-casal.com ![]() |
Francisco "Paco" Casal, nado en São Paulo o 7 de agosto de 1954, é un empresario uruguaio, de ascendencia galega, vencellado ao mundo do fútbol. Tras unha discreta carreira como futbolista, gañou fama na representación de xogadores, chegando a ser un dos maiores representantes de toda América do Sur e unha das figuras máis influentes do fútbol uruguaio.[1][2] É propietario da empresa Tenfield e da canle de televisión GolTV.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade brasileira de São Paulo, sendo fillo de emigrantes galegos.[3] Con sete meses a súa familia instalouse en Montevideo, onde seu pai traballou como almaceneiro.[3]
Como futbolista
[editar | editar a fonte]Formouse na canteira do Defensor e foi recolledor de balóns no estadio Centenario,[4] onde realizou os seus primeiros negocios no fútbol sendo aínda un neno. Nunha final da Copa Libertadores entre o Estudiantes e o Palmeiras, aceptou diñeiro de Carlos Bilardo para atrasar a reposición dos balóns que saían fóra se o equipo arxentino ía gañando.[3] Máis tarde, despois dun partido entre Peñarol e Santos, conseguiu un autógrafo de Pelé e replicou a sinatura da estrela brasileira para vender medio cento de copias como se fosen a verdadeira.[3]
Chegou ao primeiro equipo de Defensor, co que debutou na Primeira División.[5] Disputou só catorce partidos co primeiro equipo, e en xuño de 1975, con 19 anos, foi traspasado ao Atlético Madrid,[6] co que non chegou a debutar en partido oficial, sendo cedido ao Racing de Santander.
A continuación regresou ao Uruguai, fichando polo Nacional de Montevideo, co que tampouco chegou a xogar oficialmente.[7] Pasou logo polo Vasco da Gama do Brasil, onde tampouco xogou, e polo Fénix da capital uruguaia, antes de poñer fin á súa carreira en 1981.[8][7]
Empresario
[editar | editar a fonte]En 1980, militando aínda no Vasco da Gama, tivo a oportunidade de negociar o pase do seu amigo Juan Ramón Carrasco.[9] Posteriormente vendeu a Rodolfo Rodríguez aos Santos do Brasil, comezando da súa carreira como representante de xogadores de fútbol.[10]
A fins da década do oitenta negociou xa os traspasos de importantes xogadores como Carlos “Pato” Aguilera, Antonio Alzamendi, Rubén Sosa, Enzo Francescoli, Hugo De León ou Nelson Gutiérrez, e nas seguintes décadas fixo o mesmo con futbolistas como Sebastián Abreu, "Manteca" Martínez, Fabián Canobbio, Álvaro Recoba, Gastón Pereiro ou Cristian Rodríguez.[11]
Dereitos televisivos
[editar | editar a fonte]En 1998 co obxectivo de competir polos dereitos televisivos do fútbol uruguaio, creou xunto cos seus exrepresentados Enzo Francescoli e Nelson Gutiérrez a empresa Tenfield.[12] Deste xeito realizou a súa primeira incursión na industria do entretemento, xerando un cambio no mundo do fútbol uruguaio e unha nova fonte de ingresos para os clubs do país.[2]
Tamén obtivo os dereitos da selección uruguaia por medio dun precontrato asinado pola Asociación Uruguaia de Fútbol, a mercadotecnia (incluíndo indumentaria), e mesmo participou da organización de amigables da selección celeste.[13] A partir de 1999, a canle VTV de Tenfield empezou a transmitir os encontros de cada xornada do fútbol uruguaio e os partidos de eliminatoria.[14][15]
GolTV
[editar | editar a fonte]En 2002 fundou GolTV, unha canle concibida para transmitir programas e eventos de fútbol a nivel local.[2] Con todo, dende 2005 a cadea expandiuse por Latinoamérica e conseguiu os dereitos para transmitir numerosos eventos.[2]
En 2013 GolTV comprou os dereitos do fútbol peruano, explotándoos nun consorcio coa multinacional española Telefónica.[16] Tres anos despois fixo o mesmo en Venezuela e en 2017, tamén accedeu á televisación do fútbol ecuatoriano.[17] Desta forma constituíuse na primeira empresa de medios do Uruguai con presenza en varios países de América.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Sans 2008, p. 166.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Francisco Casal: el dueño de la pelota" (en castelán). 30 de decembro de 2016. Consultado o 8 de xullo de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Barraza, Jorge (6 de xuño de 1994). "Francisco Casal, de Galicia y bien astuto" (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2023.
- ↑ Francisco Casal: el dueño de la pelota Diario El Observador. Consultado el 7 de abril de 2021.
- ↑ "Paco Casal y su aporte al fútbol" (en castelán). 4 de outubro de 2019. Consultado o 8 de xullo de 2023.
- ↑ "Casal, otro «oriundo» para el At. Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xuño de 1975. p. 46.
- ↑ 7,0 7,1 "Justicia embargó al empresario 'Paco Casal' por presunto impago de impuestos" (en castelán). 3 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2023. Consultado o 8 de xullo de 2023.
- ↑ "Cuando Paco era jugador" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2023. Consultado o 8 de xullo de 2023.
- ↑ La amistad de Paco con Carrasco Diario digital LARED21. Consultado o 7 de abril de 2021.
- ↑ "La amistad de Paco con Carrasco" (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2023.
- ↑ "11 grandes jugadores CONMEBOL representados por Paco Casal". paco-casal.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2023. Consultado o 8 de xullo de 2023.
- ↑ Albornoz 2000, p. 129.
- ↑ "Los goles de Paco. Cien %." (en castelán) 2 (21-22). Editor Innomedia. 1998: 53.
- ↑ Barreiro & Stolovich 2004, p. 144.
- ↑ "Cruzando el charco". Revista Veintitrés (en castelán) (Comunicación Grupo Tres) (28-36). 1999.
- ↑ Pautasio, Leticia. "Cableoperadores peruanos se enfrentan a GolTV y Telefónica por derechos de fútbol" (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2023.
- ↑ Viola, Daniel Roberto (28 de marzo de 2018). "Los clubes ecuatorianos eligieron al canal de "Paco" Casal para televisar el fútbol" (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, Silvia; Stolovich, Valeria (2004). La industria audiovisual uruguaya: realidad o ficción? : su impacto sobre las PYMES (en castelán). CEdiciones IDEAS. ISBN 9789974627659.
- Albornoz, Luis (2000). Al fin solos--: la nueva televisión del Mercosur (en castelán). Ciccus-La Crujía. ISBN 9789879355046.
- Sans, Isabel (2008). Identidad y globalización en el carnaval (en castelán). Editorial Fin de Siglo. ISBN 9781782345237.
- Tulbovitz, Ernesto; Danza, Andrés (2015). Una oveja negra al poder: Confesiones e intimidades de Pepe Mujica (en castelán). Penguin Random House Grupo Editorial. ISBN 9789974723801.
- Bardanca, Mario (2007). Yo, Paco (en castelán). Editorial Sudamericana.
- Nados en 1954
- Nados en São Paulo
- Uruguaios de ascendencia galega
- Brasileiros de ascendencia galega
- Futbolistas do Uruguai
- Futbolistas do Brasil
- Xogadores do Defensor Sporting Club
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do Vasco da Gama
- Xogadores do CA Fénix
- Axentes de fútbol
- Personalidades da empresa do Brasil
- Personalidades da empresa do Uruguai