Paco Roca
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 (54/55 anos) Valencia, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Banda deseñada, ilustración, publicidade, workshop (pt) , cartel e capa de livro (pt) |
Lugar de traballo | Valencia |
Ocupación | artista de banda deseñada, autor de cómics, ilustrador, escritor, guionista, debuxante |
Movemento | Novela gráfica |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | pacoroca.com |
Francisco Martínez Roca, chamado Paco Roca, nado en 1969 en Valencia, é un historietista español adscrito ao movemento da novela gráfica, que produce para o mercado global.[1][2] Ademais de crear cómics, Paco Roca dedícase á ilustración publicitaria.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia e mocidade
[editar | editar a fonte]Paco Roca naceu nunha familia de clase media, o seu pai era electricista.[4] De pequeno leu Astérix, Blueberry, Mortadelo e Filemón e Tintín, sinala que lle ensinou "a amar a aventura e o cómic".[4][5]
Cos anos, descubriría tamén a Richard Corben, Carlos Giménez ou Frank Miller, estudou Artes e Oficios na escola de Valencia e comezou a traballar en publicidade.[5]
Inicios profesionais (1994-2006)
[editar | editar a fonte]Os seus inicios como historietista foron en 1994 en "Kiss Comix", onde xa traballaba o seu amigo Rafa Fonteriz. Nesta revista debuxou historietas eróticas, que era o que se lle pedía, con personaxes infantís como Peter Pan ou Aladino de protagonistas. Catro anos máis tarde comezou a publicar para "El Víbora": Xunto ao guionista Juan Miguel Aguilera, con quen traballara en "Kiss Comix", crearon Road Cartoons, un experimento que mesturaba debuxo e 3D. En 2000 publicaron xuntos GOG, cómic-book inspirado nos mundos virtuais de Road Cartoons. Neles a xente vive os seus soños, aínda que non sexan reais.
Con El juego lúgubre (La Cúpula, 2001) busca o paralelismo entre Drácula e Dalí: Dous seres que viven illados (un en Transilvania e outro en Cadaqués) e teñen atemorizados os seus veciños porque están por encima da moral. O álbum foi editado en Francia, Italia e Holanda. En 2003 publicou en Francia a primeira entrega da súa serie Las aventuras de Alexandre Icaro, co título de Hijos de la Alhambra, sobre un misterio en torno ao palacio mouro que fascinou a moitos viaxeiros. Con El faro (2004), seguiría traballando para o mercado francés.
Ao mesmo tempo, empezou a participar nun faladoiro de radio xunto aos deseñadores gráficos MacDiego e Modesto Granados, e o xornalista e escritor Ramón Pombal. A Tertulia Friki pasou por diferentes emisoras valencianas e acabou emitíndose os venres ás 13 horas no programa Abierto a mediodía de Gestiona Radio Valencia (107.5 FM).
Madurez e recoñecemento (2007-presente)
[editar | editar a fonte]En marzo de 2007, a editorial francesa Delcourt lanzou a súa novela gráfica Rides, a cal foi considerada como un dos 20 mellores cómics editados anualmente no país galo. En novembro, esta reflexión sobre a vellez fora editada en español por Astiberri Edicións co título de Arrugas, recibindo en 2008 senllos recoñecementos no Salón do Cómic de Barcelona (Premio ao Mellor Guión e Premio á Mellor Obra de Autor Español); outro do festival de Lucca; e dous premios Dolmen, ademais do Premio Nacional do Cómic.[5] Como consecuencia de todo iso, superou as 20.000 copias vendidas un ano despois do seu lanzamento.[2]
Mentres se xestaba unha adaptación fílmica da exitosa Arrugas, Roca publicou dúas novelas gráficas máis: A fantástica Las calles de arena e, con Miguel Gallardo, Emotional World Tour, onde contan xuntos anécdotas relacionadas coa promoción das súas obras.[6]
En 2010 iniciou a tira dominical Memorias de un home en pijama para o diario "Las Provincias".[7] Tamén abordou a vida nos campos de refuxiados españois en Francia tras a Guerra Civil en El ángel de la retirada, co guionista francés Serguei Dounovetz[8], e a dos autores da escola Bruguera El invierno del dibujante, realizada xa directamente para a editorial española Astiberri e coa que de novo gañou os premios a Mellor Guión e Mellor Obra de Autor Español no Salón do Cómic de Barcelona 2011.[9]
En 2012 o Museo valenciano da ilustración e a modernidade (MuVIM) acolleu unha exposición retrospectiva dedicada á súa obra.[10] Durante o verán de 2013 publica Diario estival de un home en pijama en El País Semanal, diario co que levaba colaborando esporadicamente desde 2009.[11]
En 2013 deseñou a falla que Fede Ferrer realizou para a comisión General Barroso-Litógrafo Pascual e Abad.[12] A finais de ano viu publicaba a súa novela gráfica Los surcos del azar, baseada na historia Da Nove, a división do Exército da Francia Libre formada por españois durante a segunda guerra mundial.
En 2015 Astiberri publicou La casa, elixido Mellor Cómic Nacional de 2015, premio outorgado polas librarías especializadas integradas en Zona Cómic-CEGAL.
Estilo
[editar | editar a fonte]Paco Roca manifestou que o seu obxectivo é chegar
ao público en xeral, a xente que non acostuma traer cómics. Esa é a xente que teño na cabeza á hora de escoller o tema e darlle forma á historia. O meu xeito de narrar é moi sinxelo, o mesmo que a concepción da páxina, moi clásica.[13]
Para iso, Paco Roca adoita inspirarse nas noticias que chaman a súa atención. É tamén un autor comprometido social e politicamente, que na presentación de Los surcos del azar (2013), obra centrada nos exiliados españois que loitaron na segunda guerra mundial, non dubidaba en afirmar:
Hai que seguir loitanto e lembrando por nós, por nós e polas xeracións que veñan despois. Loitar polas liberdades é tan necesario coma respirar[14]
Coa cor, tenta potenciar as sensacións de cada escena.
Obra
[editar | editar a fonte]- Historietística
Anos | Título | Guionista | Tipo | Publicación |
---|---|---|---|---|
1994 | Aladino | Paco Roca | Historia curta | Kiss Comix nº 33 |
1995 | Blanca Navidad | Paco Roca | Historia curta | Kiss Comix nº 39 |
1995 | Peter Pan | Paco Roca | Historia curta | Kiss Comix nº 51 |
1998 | Road cartoons | Juan Miguel Aguilera | Historia curta | El Víbora nº 221 a 226 |
1999 | El Señor Osiris | Paco Roca | Historia curta | Ganadería Trashumante nº 3 |
2000 | GOG | Juan Miguel Aguilera | Comic book 48 pxs b/n | Fuera de Serie (Ediciones La Cúpula) |
2001 | El juego lúgubre (historieta) | Paco Roca | Comic-book 64 pxs b/n | Brut (La Cúpula) |
2002 | Para un puto vicio que tengo... | Paco Roca | Historia curta | El Víbora, Especial Vicio |
2003 | Les voyages d'Alexandre Icare: Les fils de l'Alhambra | Paco Roca | Álbum de historietas | SAF |
2004 | El faro | Paco Roca | Álbum | Astiberri |
2005 | Nuestros muertos | Paco Roca | Historia curta | Tos (revista) |
2005-2007 | Como cagallón por acequia | Paco Roca | Historia curta | Humo (revista) |
2007 | Arrugas (historieta) (Rides) | Paco Roca | Novela gráfica | Delcourt |
2009 | Las calles de arena (Les rues de sable) | Paco Roca | Novela gráfica | Delcourt |
05/2009 | Emotional World Tour | Paco Roca/Miguel Gallardo (historietista) | Novela gráfica | Astiberri |
11/2009 | El hombre montaña | Paco Roca | Historieta curta | |
06/2010 | L'Ange de la retirada | Serguei Dounovetz | Novela gráfica | 6 Pieds Sour Terre |
10/2010 | Made in Japan: The True Story of Spanish Design | Paco Roca | Historieta curta | |
12/2010 | El invierno del dibujante | Paco Roca | Novela gráfica | Astiberri |
2011 | Memorias de un hombre en pijama | Paco Roca | Tira de prensa | Astiberri |
2012 | Crónica de una crisis anunciada | Paco Roca | Historieta curta | El País Semanal |
2013 | De Valencia a Cádiz (1808-1814) | Rafael Marín (historietista) | Novela gráfica | Generalitat Valenciana |
11/2013 | Los surcos del azar | Paco Roca | Novela gráfica | Astiberri |
2014 | Andanzas de un hombre en pijama | Paco Roca | Tiras de prensa | Astiberi |
2015 | La casa | Paco Roca | Novela gráfica | Astiberri |
2017 | La Encrucijada | Paco Roca/Jose María Casañ | Novela gráfica | Astiberri |
2018 | El tesoro del Cisne Negro | Paco Roca/Guillermo Corral | Novela gráfica | Astiberri |
2018 | Confesiones de un hombre en pijama | Paco Roca | Tiras de prensa | Astiberi |
- Ilustración
Anos | Título | Escritor | Publicación |
---|---|---|---|
2011 | La metamorfosis | Franz Kafka | Astiberri |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Paco Roca non é o mesmo Francisco Martínez Roca que en 1965 fundou a editorial Edicións Martínez Roca.
- ↑ 2,0 2,1 García (2010), p. 263.
- ↑ (02/2009). Entrevista a Paco Roca: Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine.Rockdelux.
- ↑ 4,0 4,1 Cerezo, Herme (21/01/08). “El cómic es mi forma de narrar”, Siglo XXI.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 O debuxante Paco Roca gaña o Premio Nacional de Cómic con 'Engurras', 20minutos, 18 de novembro de 2008.
- ↑ González, Lucía (17/05/2009). El mundo del cómic, entre bambalinas, El Mundo.
- ↑ Darias, Manuel] (16/11/2011). 'Memorias de un hombre en pijama', de Paco Roca, Diario de Avisos, p. 56.
- ↑ Abella, Ana (19/09/2010). Paco Roca recuerda en viñetas el exilio republicano en Francia Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine., El Periódico de Catalunya, p. 64.
- ↑ Graell, Vanessa (15/04/2011). Y el Oscar del cómic va para..., El Mundo.
- ↑ (30/09/2012). El MuVIM prorroga la exposición de Paco Roca hasta diciembre por el éxito de público, "El Mundo".
- ↑ Abandonen el barco, 28/07/2013.
- ↑ El dibujante Paco Roca diseñará la falla de Fede Ferrer en General Barroso noticia en Las Provincias do 12 de maio de 2012
- ↑ Crespo, Borja (01/2009). Entrevista a Paco Roca: Recuerdos borrados Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine., "Guía del Cómic" (en castelán).
- ↑ Jiménez, Jesús (03/12/2013). Paco Roca: "Luchar por las libertades es tan necesario como respirar", "RTVE" (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paco Roca |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AZPITARTE, Koldo (2009). Carreiros. Una retrospectiva da obra de Paco Roca. Laukatu Edicións. ISBN 978-84-613-6384-1
- GARCÍA, Santiago (2010). A novela gráfica, Bilbao: Astiberri Ediciones.
- GARCÍA, Santiago (coord.). Panorama. La novela gráfica española hoy. Bilbao: Astiberri Ediciones. Depósito legal: BI-186-13 ISBN 978-84-15-68526-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Rugas", de Paco Roca
- Páxina oficial de Paco Roca
- Paco Roca en Guía del cómic Arquivado 01 de abril de 2009 en Wayback Machine. (inclúe bibliografía do autor)
- Entrevista a Paco Roca en DComic
- Paco Roca no programa Tesis de Canal Sur