Mortadelo e Filemón
Mortadelo e Filemón[1] (en castelán, Mortadelo y Filemón) é a serie de banda deseñada humorística máis popular do autor español de banda deseñada Francisco Ibáñez. Como o seu nome indica, están protagonizadas por Mortadelo e por Filemón, dous axentes secretos.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira banda deseñada de Mortadelo e Filemón apareceu o 20 de xaneiro de 1958 no número 1394 de Pulgarcito co título xenérico de Mortadelo y Filemón, agencia de información. Por aquel entón era usual que as series humorísticas tivesen un pareado como título, xeralmente co nome dos seus protagonistas no primeiro verso. Nese mesmo número 1394 de Pulgarcito inclúense Margarito Celemín, un vendedor muy pillín de Sanchís, Rigoberto Picaporte, solteirón de mucho porte de Roberto Segura, Pascual, criado leal de Nadal e Doña Lío Portapartes, señora con malas artes de Raf.
As historietas da editorial Brugera amosaban un mundo achegado ó lector, no que a pobreza, a fame, a picaresca e as diferenzas de clases eran comúns (os títulos de historieta antes mencionados son unha proba diso). Os propios nomes de Mortadelo e Filemón falan da época na que xurdiron. Co recordo aínda próximo da época de escaseza provocada polos racionamentos de comida que seguiron á Guerra Civil, Ibáñez bautizou ás súas personaxes con nomes que ó escoitalos evocan alimentos; Mortadelo e Filemón serían pois un eco de Mortadela e Filetón [2][3].
Etapa primitiva
[editar | editar a fonte]Nas súas orixes, Mortadelo e Filemón eran unha parodia do doutor Watson e Sherlock Holmes respectivamente (outras fontes de referencia citadas en ocasións son os personaxes do gordo e o fraco ou a obra Novísimas aventuras de Sherlock Holmes de Enrique Jardiel Poncela). Filemón tiña nariz aquilino, vestía chaqueta e sombreiro de felpa e fumaba en pipa (no número 1404 de Pulgarcito chegou mesmo a vestir o impermeable e sombreiro a cadros característico da maioría das ilustracións de Holmes). Mortadelo, pola súa parte, ademais dos habituais lentes e levita negras, levaba bombín e paraugas tamén negros. O bombín servíalle ademais a Mortadelo para gardar os disfraces, un recurso que co tempo se faría prescindible. Outra característica do primeiro Mortadelo -e que só durou uns poucos episodios- eran uns ollos perpetuamente entrepechados que lle conferían un aspecto despistado.
Este primitivo aspecto foi depurándose co tempo, adquirindo pronto un aspecto similar ó actual: Mortadelo mantería a súa levita negra, pero desaparecerían o sombreiro e o paraugas; mentres tanto Filemón viu reducido paulatinamente o seu nariz longo e afiado e a súa indumentaria pasou a consistir nunha gravata de lazo negra, camisa branca, pantalóns xeralmente vermellos e, en ocasións, chaqueta a xogo.
En Mortadelo y Filemón, agencia de información, Filemón é o xefe dunha axencia de detectives e ten a Mortadelo como empregado. As primeiras historias eran dunha soa páxina en branco e negro (agás cando esta ocupaba a portada) con seis ringleiras de viñetas e seguindo un esquema moi sinxelo: alguén contrata os servizos da axencia, pero ó intentar cumprir a misión, prodúcese algún equívoco que resulta nun completo fracaso da mesma. O descubrimento do equívoco termina xeralmente nunha persecución ou con alguén esvaéndose. Esta estrutura de presentación-equívoco-desenlace era extremadamente común nas historietas da época.
Etapa madura (clásica)
[editar | editar a fonte]En 1969 prodúcese un cambio importante. Tras once anos de axencia propia, Mortadelo e Filemón ingresan na T.I.A., unha organización con claras reminiscencias da C.I.A. Isto coincide co comezo das historias longas e marca o inicio da madurez destes personaxes. O estilo de debuxo está case totalmente definido, así como as personalidades dos dous detectives. Ademais, novas personaxes se incorporan ás historias: o superintendente Vicente, o profesor Bacterio e, tempo despois, a secretaria Ofelia. As referencias a Holmes, que xa había tempo que desapareceran, son substituídas pola parodia das historias de espías, moi comúns daquela. A referencia máis clara desta época é a serie Superaxente 86, estreada en España dous anos antes da publicación de O sulfato atómico; esta serie reflicte un mundo de espías incompetentes, entradas secretas e ata zapatófonos, moi similar ó das aventuras de Mortadelo e Filemón.
As historias longas acostuman ter 44 páxinas e habitualmente están organizadas en episodios autoconclusivos de 4 caras que acostuman narrar os sucesos dun día. A razón desta estrutura era que estes episodios serían publicados semanalmente, inicialmente na revista Gran Pulgarcito e máis tarde na revista Mortadelo. Á parte da publicación seriada, tamén se publicaban de forma completa na colección OLÉ. O fío argumental das historias serve só como medio para estruturalas e como base para encadear as situacións cómicas. Nesta nova etapa, o humor non se basea tan só no descubrimento dun equívoco, senón que múltiples recursos humorísticos son empregados de forma continua: parodias, gags visuais, humor absurdo, slapstick, xogos de palabras etc.
A primeira historia longa é O sulfato atómico. Nesta historieta, o estilo do debuxo é inusitadamente detallista, con claras influencias da escola francobelga de banda deseñada, especialmente de Franquin ([1]). Este estilo relaxouse nas seguintes aventuras, volvendo ó trazo sobrio habitual. Nestas primeiras aventuras longas, Ibáñez experimenta coa estrutura das viñetas, dando ás historietas un aspecto menos ríxido e conseguindo ademais unha maior expresividade; porén, pronto retorna á estrutura ríxida de cinco filas de viñetas.
Unha aventura arquetípica desta etapa podería ser Os diamantes da gran duquesa. No primeiro episodio descríbese o fío argumental, mentres que nos seguintes desenvólvese a busca durante dez días consecutivos dos correspondentes diamantes, agochado cada un deles nun sitio distinto (localización que conseguen, aínda que o final de cada episodio é desastroso dun ou doutro xeito, especialmente no caso do último).
Etapa madura (moderna)
[editar | editar a fonte]A división da etapa madura en dous (clásica e moderna) pode resultar controvertida; porén, poden establecerse diferenzas entre ambas. Unha destas diferenzas é o número de ringleiras de viñetas. Ata O transformador metabólico, as historias tiñan cinco ringleiras, pero a partir de entón pásase a catro. Tendo en conta que o número de páxinas non varía, isto implica unha diminución no número total de viñetas por aventura. Estas perden -por tanto- algo de densidade, tanto na historia como no aspecto visual.
Outro cambio (que non é simultáneo necesariamente co cambio no número de viñetas) é que as historias pasan a ter claras referencias á actualidade, o que daría razóns para chamar clásicas ás anteriores aventuras, con historias máis atemporais.
Ademais, entre 1986 e 1987, Ibáñez perdeu os dereitos de publicación das súas personaxes, que foran rexistradas pola editorial Bruguera. Durante estes anos publicáronse unha serie de aventuras realizadas por outros autores. Aínda despois de recuperar os dereitos, Ibáñez seguiu apoiándose por un tempo en colaboradores. En total pódese estabelecer un período de 5 anos aproximadamente que divide en dous a etapa madura, na que ademais fai aparición unha nova personaxe, a señorita Irma, que posteriormente sería eliminada.[4]
Autoría das historietas
[editar | editar a fonte]Durante a etapa madura, gran parte do material publicado foi escrito e debuxado por outras persoas; porén, debido a que estas colaboracións adoitaban ser anónimas, é difícil saber que historias ou que debuxos son realmente de Ibáñez. As únicas acreditadas oficialmente como "non-ibañez" son aquelas firmadas polo Brugera equip (durante o tempo en que Ibáñez perdeu os dereitos das súas personaxes), algunha historia curta con guión firmado por Jesús de Cos e unha colección de aventuras pouco coñecidas, editadas en forma de libros en branco e negro, firmadas por Ibáñez e José Cubero Valero. Ó parecer a maioría destas historietas bastardas publicábanse sen que Ibáñez recibise remuneración económica algunha por elas (e talvez sen o seu consentimento), aínda que parece ser que entre 1987 e 1990 Ibáñez asinou aventuras que non estaban debuxadas por el.
Entre os negros que supostamente debuxaron aventuras de Mortadelo e Filemón e que nunca foron acreditados pódense citar os nomes de Ramón Bernardó, Ramón María Casanyes, Mart-Os e mesmo un autor de primeira fila como Raf que colaborou anonimamente en As embaixadas chifladas, se ben neste caso o seu traballo reduciuse ó entintado.
Linguaxe
[editar | editar a fonte]A linguaxe que Ibáñez pon en boca das súas personaxes é peculiar. Palabras e expresións de uso reducido ("colodrillo", "beodo", "mofa e befa", "merluzo" etc.) son comúns no universo de Mortadelo y Filemón.
Outra característica da linguaxe é que os protagonistas se tratan de vostede, aínda cando son vellos coñecidos. Algo moi pouco corrente en España, mesmo entre persoas en diferentes estamentos dunha xerarquía.
Mortadelo e Filemón noutros medios
[editar | editar a fonte]Producíronse varias películas de animación ("Mortadelo y Filemón, Primer Festival del Humor", "Mortadelo y Filemón, Segundo Festival del Humor" e "El armario del Tiempo") dirixidas por Rafael Vara a principios dos 70.
Na década de 1990 unha produtora alemá creou unha serie de deseños animados ("Mortadelo y Filemón") de desapercibido éxito, que foi transmitida en España por Antena 3 e actualmente é emitida pola canle de operadoras dixitais Jetix.
Estes debuxos foron levados ó cine con personaxes reais en La gran aventura de Mortadelo y Filemón (2003) dirixida por Javier Fesser e protagonizada por Benito Pocino no papel de Mortadelo e Pepe Viyuela no papel de Filemón.
Unha película, Mortadelo y Filemón - Misión: Salvar la Tierra, apareceu no 2008 a modo de conmemoración do 50 aniversario das personaxes. Pepe Viyuela repetiu como Filemón, pero Mortadelo foi interpretado por Eduard Soto (coñecido tamén polo personaxe do Neng de Castefa) debido a discrepancias con Benito Pocino.
Ademais Mortadelo e Filemón cobraron vida no musical Mortadelo y Filemón, the miusical que se estreou en xuño de 2008 no Teatro Campoamor de Oviedo e que en setembro dese mesmo ano presentouse no Teatro Tivoli de Barcelona. Dirixido por Ricard Reguant e producido por Zebra Producciones e Mucho Ruido Records.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mortadelo é alto, delgado e cun gran nariz. É o rei do disfrace, capaz de transformarse, para asombro de todos, en calquera cousa, desde nun elefante ata nunha campá. Tiña unha portentosa melena ata que probou un invento do profesor Bacterio contra a caída do cabelo. Pódese dicir que, desde entón, nunca máis tivo que preocuparse polo seu pelo. Leva lentes e un traxe negro con levita. Nas súas orixes portaba un paraugas negro colgado do brazo e lucía un sombreiro de onde sempre extraía os disfraces.
- Filemón Pi é o xefe de Mortadelo, e é un pouco máis baixo ca este. Ten só dous pelos na cabeza, e leva unha camisa branca e un pantalón vermello, se ben nos primeiros anos da súa publicación levaba unha gran pipa na boca e un vestiario similar ó de Sherlock Holmes. É quen acostuma levar os golpes cando algo sae mal (é dicir, case sempre). Como bo superior de Mortadelo, é un tipo culto e con gran sapiencia sobre practicamente todo tipo de temas, como bioloxía ou xeografía.
- O Súper, ou Superintendente Vicente, é o superintendente da TIA. Encomenda as misións máis difíciles a Mortadelo e Filemón, permitíndolles o uso de mediocre maquinaria (automobilística ou armamentística) para resolvelas. Leva un poboado bigote e un traxe azul. De entre as personaxes habituais, é o de maior grao xerárquico, pero en ocasións o visitan os seus superiores, normalmente o Director Xeral.
- O profesor Bacterio é o típico científico tolo. Crea os inventos máis inverosímiles e disparatados, que rara vez funcionan como deberían. Ten unha gran barba negra, que os axentes, o Súper ou Ofelia agarran con saña cando os seus inventos saen mal. Adoita vestir cun traxe de cor verde.
- Ofelia é a secretaria, unha muller grande e grosa namorada de Mortadelo (pero non correspondida). É frecuentemente frustrada, desprezada e insultada, tanto por Mortadelo como por Filemón, e responde con violencia. Tamén ten enfrontamentos co Súper e con Bacterio. Viste cun traxe vermello.
- Irma é outra secretaria, pero non aparece tan frecuentemente como Ofelia. É moi guapa, e tanto Mortadelo como Filemón séntense atraídos por ela, o que provoca gags interesantes con Ofelia. É unha personaxe menos asentada que o resto, xa que a súa primeira aparición data de 1987. Desapareceu unha vez que Ibáñez retomou por completo a súa obra a comezos dos 90.
Os "malos" (por norma xeral) e algúns axentes da T.I.A., teñen nomes cómicos como "Bestiájez", "Atúnez", "Tontáinez" ou "Mac, o antropoide".
Mortadelo e Filemón no mundo
[editar | editar a fonte]As historietas son publicadas en Europa baixo moitos nomes diferentes. Teñen unha excelente acollida en Alemaña, razón pola que se lle dedicou un número enteiro. Os seus nomes varían dunha a outra lingua:
- Paling & Ko, en holandés.
- Mortadelo e Salaminho en portugués (Brasil)
- Mortadela e Salamão en portugués (Portugal)
- Flink och Fummel en sueco
- Flip & Flop en danés
- Mortadel et Filémon en francés (tamén Futt et Fil)
- Fortune & Fortuni en italiano (tamén Mortadella e Filemone)
- Αντιριξ και Συμφωνιξ (transliterado Antirix kai Symphonix, pronunciado andirix ke simfonix) en grego
- Älli ja Tälli en finés
- Clever & Smart en noruegués, checo e alemán
- Zriki Svargla & Sule Globus en serbo-croata
- Mortadel·lo i Filemó en catalán
- Mortadelc pa File en esloveno
- Dörtgöz ve Dazlak en turco
Pódense ver as diferentes portadas en [2]
Historietas
[editar | editar a fonte]Existen certos temas que aparecen recorrentemente en moitas das historietas:
- A Mortadelo e a Filemón sempre se lles asignan as misións máis perigosas, polo que tratan de escapar das formas máis singulares, se ben sempre son atrapados por outros axentes.
- Mortadelo sempre acostuma meter a pata e pola súa culpa Filemón leva tódolos golpes (en ocasións reciben os dous).
- Filemón adóitase enfadar con Mortadelo e perségueo para zoscarlle.
- Mortadelo sempre está á gresca con Bacterio, pois aínda lle garda resentimento co seu 'remedio para a calvicie'.
- O Súper normalmente acostuma ser ameazado e perseguido por culpa das desastrosas actuacións de Mortadelo e Filemón (á vez que ameaza e persegue os dous axentes).
- O Súper trata dun modo despótico os seus axentes.
- Ofelia intenta pórse guapa e coqueta, pero Mortadelo e Filemón acaban estragándolle o día.
- Ofelia anda detrás de Mortadelo, facéndolle as beiras e soñando con ser correspondida.
- Bacterio acostuma fracasar nos seus inventos, obtendo como resultado cousas inesperadas (en ocasións xusto o contrario para o que foi creado o invento). Ás veces, o invento funciona exactamente como se esperaba pero o fai en situacións delicadas para Mortadelo e Filemón, que acaban sufrindo a inoportunidade).
- Mortadelo e Filemón sempre foxen cando o Súper lles quere facer probar un invento do profesor Bacterio.
- A Filemón non lle gusta que Mortadelo estea a probarse disfraces a todas horas.
- Bacterio acostuma probar cada un dos seus novos inventos para a saúde e índole persoal entre algún dos membros da empresa, como traballadoras, secretarias (Ofelia en maior medida) e outros axentes, con funestos resultados.
- Mortadelo e Filemón intentan ligar con Irma sen moito éxito.
- Nas primeiras historietas curtas, Filemón está sempre berrando e dando ordes a Mortadelo.
- Filemón aparenta en principio ser máis intelixente, serio e responsable que Mortadelo, cousa que acostuma a alporizar a este último.
- As siglas das axencias criminais acostuman formar palabras, como A.B.U.E.L.A. ou C.A.O.S..
- A T.I.A. ten entradas secretas nos máis recónditos lugares (ás veces a cada día correspóndelle unha entrada), como pode ser un simple sinal de tráfico ou o cartel publicitario dun circo, pero só os axentes saben como entrar, sendo trampas para o resto de viandantes.
As historietas teñen outra característica propia de Francisco Ibáñez: o humor no fondo de cada viñeta. Ó fondo da viñeta, alleos á acción principal, hai diversos elementos humorísticos. Así por exemplo, pódese encontrar unha araña disfrazada, un rato perseguindo a un gato, dous edificios bicándose, un sinal de prohibido aparcar camelos, un lapis cun señor na orella, o sol cunha bufanda ou con lentes de sol, un señor con dúas cabezas etc. Un destes elementos fíxose moi coñecido tralo 11-S: nunha suposta vista de Nova York, na que se ve unha estatua de Francisco Ibáñez xunto á Estatua da Liberdade no especial 35 Aniversario, pódese observar ó fondo as Torres xemelgas cun avión estrelado nunha delas. Estes elementos dan un toque especial de humor ás viñetas, se ben o autor cada vez inclúe menos elementos deste tipo.
Colección Olé
[editar | editar a fonte]Son historias longas de 44 ou 49 páxinas cada unha, seguidas de historietas curtas de entre unha e oito páxinas ata completar 60 en cada libro.
- Va la T.I.A. y se pone al día
- El profeta Jeremías
- El atasco de influencias
- El premio No-vel
- El gran sarao
- Armas con bicho
- La tergiversicina
- La Gomeztroika
- El candidato
- El ansia de poder
- Gatolandia 76
- Moscú 80
- Los Ángeles 84
- Seúl 88
- La estatua de la libertad
- El huerto siniestro
- El estropicio meteorológico
- La perra de las galaxias
- Los sobrinetes
- 13 rue del percebe
- El cochecito leré
- Ladrones de coches
- Lo que el viento se dejó
- Testigo de cargo
- El caso del calcetín
- La gallina de los huevos de oro
- El brujo
- Tete Cohete
- Los guardaespaldas
- Objetivo eliminar al "Rana"
- Los que volvieron de "Allá"
- Las embajadas chifladas
- Los espantajomanes
- La cochinadita nuclear
- El caso del señor-probeta
- La máquina de copiar gente
- Billy el "horrendo"
- El caso de los párvulos
- La elasticina
- 13 rue del percebe (2)
- Secuestro aéreo
- La gente de Vicente
- Las tacillas volantes
- El preboste de seguridad
- ¡Soborno!
- Clínicas antibirria
- El quinto centenario
- El S.O.E.
- La crisis del golfo
- Maastrich... Jesús
- Misión de perros
- Los gamberros
- Los bomberos
- Pánico en el zoo
- Magín el mago
- Los mercenarios
- El transformador metabólico
- Contrabando
- Los secuestradores
- ¡A por el niño!
- Mundial 78
- Mundial 82
- El balón catastrófico
- Mundial 82 bis
- Mundial 94
- Los diamantes de la gran duquesa
- El elixir de la vida
- El antídoto
- Los invasores
- Los monstruos
- Los cacharros majaretas
- El circo
- Concurso oposición
- El otro "yo" del profesor Bacterio
- Operación ¡bomba!
- Barcelona 92
- El 35 aniversario
- La ruta del yerbajo
- El racista
- El nuevo cate
- Dinosaurios
- El pinchazo telefónico
- El bacilón
- Cacao espacial
- kilociclos asesinos
- A las armas
- La brigada bichera
- El ascenso
- Hay un traidor en la T.I.A.
- El caso de los señores pequeñitos
- En Alemania
- ¡Terroristas!
- Los superpoderes
- Valor y... ¡al toro!
- El caso del bacalao
- La máquina del cambiazo
- Contra el "gang" del chicharrón
- Safari callejero
- Chapeau el "esmirriau"
- El sulfato atómico
- El plano de Alí-gusa-no
- La caja de los diez cerrojos
- La caza del caco
- Los inventos del profesor Bacterio
- ¡A la caza del cuadro!
- Agencia de información
- La historia de Mortadelo y Filemón
- Agentes a mogollón
- ¡Sálvese quien pueda! ¡Auxilio!
- El embrollo matutino
- Tres cerebelos estrechos
- Ceporros en pleno idilio
- Dos cabestros y un pollino
- Los demás, todos maltrechos
- Pitorreo a domicilio
- Gente de recochineo fino
- Un topo y dos berberechos
- La prensa cardiovascular
- Timazo al canto
- 20.000 leguas de viaje sibilino
- Robots bestiajos
- El señor todoquisque
- El ángel de la guarda
- ¡Pesadilla...!
- Corrupción a mogollón
- Reyes de la risa
- Animalada
- ¡Silencio, se rueda!
- El disfraz, cosa falaz
- ¡Desastre!
- Alegres aventuras
- Atlanta 96
- El jurado popular
- 100 años de cómic
- Expediente J
- El trastomóvil
- Mundial'98
- La banda de los guiris
- Su vida privada
- ¡Bye bye, Hong Kong!
- Esos kilitos malditos
- Los verdes
- Las vacas chaladas
- ¡Deportes de espanto!
- El oscar del moro
- El espeluznante doctor Bíchez
- La maldita maquinita
- El tirano
- La M.I.E.R.
- Impeachment!
- De los ochenta p'arriba...
- Siglo XX, ¡qué progreso!
- Sydney 2000
- La Vuelta
- La sirenita
- Fórmula 1
- La rehabilitación esa
- Los Vikingos
- ¡Llegó el Euro!
- ¡Okupas!
- El ordenador... ¡Qué horror!
- Mundial 2002
- ¡Mascotas!
- ¡Misión Triunfo!
- ¡El Estrellato!
- Parque de Atracciones
- El UVA
- Rapto tremendo
- Atenas 2004
- El Señor de los Ladrillos
- Mortadelo de La Mancha
- Prohibido fumar
- El carnet al punto
- El kamikaze Regúlez
- Mundial 2006
- Bajo el Bramido del Trueno!
- El dopaje...¡Qué potaje!
- El 'Gasoil'
Outros títulos
[editar | editar a fonte]- Las criaturas de cera vivientes
- El crecepelo infalible
- La medium Paquita (J. de Cos)
- Mexico 86 (J. de Cos)
- La secta del Zum-Bhao (J. de Cos)
- A la caza del Chotta (J. de Cos)
- El loco del Fuju-yama
- El loco del Fuju-yama (2)
- La banda de Matt'usalén
- El lavador de cerebros
- El rescate botarate
- La maldición gitana
- El Inspector General
- Detectives de ocasión
- Que viene el fisco
- El rayo transmutador
- El profesor probeta contraataca
- Simón el escurridizo
- La historia del dinero
- La bolsa o la vida
- De bote en bote y otras historias
- Vaya par de chiflados
- La torta sicodélica
- De nuevo en ebullicion
- Dos turulatos muy guapos
- No se gana para sustos
- Persiguiendo al caco
- Solos ante el peligro
- Guia para la Vida de un Agente de la T.I.A.
- Guia para la vida del joven de hoy en dia
- Guia para la vida del estudiante de hoy en dia
- Mortadelo e Filemón - Dibújalos tú solito!
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome empregado nas edicións en galego. F. Ibáñez. Ediciones B, ed. Mortadelo e Filemón: ¡O estrelato!. ISBN 9788466610803.
- ↑ 40 años de Mortadelo
- ↑ Entrevista a Francisco Ibañez
- ↑ Historietas de Mortadelo y Filemón por orden de publicación, ademais de interesantes comentarios sobre la vida y obra de Ibáñez.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mortadelo e Filemón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial da publicación
- El rincón de Mortadelón, un blog sobre Mortadelo e Filemón (en castelán).