La gran aventura de Mortadelo y Filemón
La gran aventura de Mortadelo y Filemón | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La gran aventura de Mortadelo y Filemón |
Director | Javier Fesser |
Produtor | Luis Manso e Marina Ortiz |
Guión | Javier Fesser e Guillermo Fesser |
Intérpretes | Benito Pocino Pepe Viyuela Paco Sagarzazu Mariano Venancio Dominique Pinon Janfri Topera Emilio Gavira María Isbert Berta Ojea Javier Aller Eduardo Gómez |
Música | Rafael Arnau e Mario Gosálvez |
Fotografía | Xavi Giménez |
Montaxe | Iván Aledo |
Estrea | 2002 |
Duración | 104 min. |
Orixe | España |
Xénero | Comedia |
Orzamento | 7,000,000 € |
Na rede | |
http://www.mortadeloyfilemonlapeli.com/ | |
La gran aventura de Mortadelo y Filemón é un filme cómico español de 2002, baseado nas personaxes de Mortadelo e Filemón de Francisco Ibáñez.
Foi a película española con máis éxito de público de 2003 (4 852 056 espectadores) e converteuse na segunda película máis exitosa despois de Los otros de Alejandro Amenábar. Máis tarde, El orfanato tamén a superaría.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Benito Pocino (Mortadelo)
- Pepe Viyuela (Filemón)
- Berta Ojea (Ofelia)
- Dominique Pinon (Fredy Mazas)
- Paco Sagarzazu (El tirano Calimero)
- Mariano Venancio (El Súper)
- Janfri Topera (El profesor Bacterio)
- Janusz Ziemniak (Nadiusko)
- María Isbert (Madre de Filemón)
- Emilio Gavira (Rompetechos)
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ao profesor Bacterio roubáronlle o máis perigoso dos seus inventos, un artefacto que acaba en mans dun ditador pequeniño e louco, disposto a usalo de forma criminal. Logo, a T.I.A., para evitar a catástrofe contrata a un axente para que leve a cabo o rescate do invento, prescindindo de Mortadelo e Filemón. Estes, ao decatarse da situación, empezan a resolver o caso pola súa conta, para ben ou mal da humanidade.
Galardóns
[editar | editar a fonte]Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor montaxe | Iván Aledo | Gañador |
Mellor dirección artística | César Macarrón | Gañador |
Mellor dirección de produción | Luis Manso Marina Ortiz |
Gañadores |
Mellor deseño de vestiario | Tatiana Hernández | Candidata |
Mellor maquillaxe e peiteado | José Antonio Sánchez Paquita Muñoz |
Gañadores |
Mellores efectos especiais | Raul Romanillos Pau Costa Julio Navarro Félix Bergés |
Gañadores |