Francisco Ibáñez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco Ibáñez Talavera 15 de marzo de 1936 Barcelona (Segunda República Española) |
Morte | 15 de xullo de 2023 (87 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Humor |
Lugar de traballo | Barcelona |
Ocupación | artista de banda deseñada (1953–), debuxante de banda deseñada, guionista de cómics, escritor, debuxante |
Período de actividade | 1952 - 2023 |
Xénero artístico | Banda deseñada |
Movemento | Bruguera school (en) |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Francisco Ibáñez Talavera, nado en Barcelona o 15 de marzo de 1936 e finado na mesma cidade o 15 de xullo de 2023,[1] foi un autor de cómics catalán, un dos máis coñecidos en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa vida profesional traballando no Banco Español de Crédito,[1] pasando a dedicarse xa plenamente ó cómic no ano 1957, cando entrou na Editorial Bruguera, na que estivo ata 1985, en que marchou por desacordos.[1]
Os seus personaxes máis populares son, sen dúbida, Mortadelo e Filemón, dos que leva máis de corenta anos escribindo historietas. Outros tamén moi coñecidos son O Botóns Sacarino, Pepe Gotera e Otilio, Rompetechos ou 13, Rue del Percebe.
As súas obras son coñecidas en todo o mundo, xa que sobre todo Mortadelo e Filemón está traducidos a numerosas linguas.
Mortadelo e Filemón no mundo
[editar | editar a fonte]Os cómics destes dous personaxes véndense no mundo con moitos nomes diferentes. Teñen unha excelente acollida en Alemaña, razón pola que se lle dedica unha publicación monográfica. Os seus nomes varían dunha lingua a outra:
- Paling & Ko, en holandés ou neerlandés.
- Mortadelo e Salaminho en portugués (Brasil)
- Salamão e Mortadela en portugués (Portugal)
- Flink och Fummel en sueco
- Flip & Flop en dinamarqués
- Mortadel et Filémon en francés (tamén Futt et Fil)
- Fortune & Fortuni en italiano (tamén Mortadella e Filemone)
- Αντιριξ και Συμφωνιξ (Antirix kai Symphonix, pronunciado Andirix ke Simfonix) en grego
- Älli ja Tälli en finés
- Clever & Smart en noruegués, checo e alemán
- Zriki Svargla & Sule Globus en serbocroata
- Mortadel·lo i Filemó en catalán
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1994, Gran Premio do Salón do Cómic de Barcelona.[1]
- 2002, Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Redacción (15 de xullo de 2023). "Muere el dibujante Francisco Ibáñez, el padre de Mortadelo y Filemón". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2023.
- ↑ Ruiz Anderson, Roberto (15 de xullo de 2023). "Francisco Ibáñez, el genio que se quedó sin Premio Princesa de Asturias". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Ibáñez |