Saltar ao contido

Paixón segundo San Mateu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bach cara 1720.

A Paixón segundo San Mateu,[1] BWV 244 (título orixinal en latín: Passio Domini Nostri J. C. Secundum Evangelistam Matthaeum; en alemán: Matthäus-Passion) é unha paixón oratórica escrita para voces solistas, dobre coro e dobre orquestra por Johann Sebastian Bach.[2][3]

Presenta o sufrimento e a morte de Cristo segundo o evanxeo de San Mateu. Cunha duración de máis de dúas horas e media (nalgunhas interpretacións mesmo máis de tres horas), é a obra máis extensa do compositor. É unha obra central da música artística (Hubert Parry considerouna como o máis rico e nobre exemplo da historia da música sacra).

A Paixón segundo San Mateu consta de dúas grandes partes conformadas por 68 números en total. O texto do evanxeo de San Mateu, capítulos 26 e 27, é cantado literalmente polo evanxelista Mateu e o do resto de personaxes da trama (Cristo, Xudas, Pedro, etc.), polos demais solistas. En torno ao texto bíblico agrúpanse coros, corais, recitativos e arias coa intención de interpretar o texto.

Primeira páxina da partitura autógrafa.

Composición

[editar | editar a fonte]

Non se sabe con certeza se a Paixón segundo San Mateu foi composta en 1727 ou en 1729. Aínda que se relaciona directamente coa música fúnebre para o príncipe Leopoldo de Anhalt-Cöthen de 1729, descoñécese se a cantata fúnebre serviu como modelo para a paixón ou se foi á inversa (ou se existen outras orixes anteriores). Sexa como sexa, sábese que a Paixón segundo San Mateu foi interpretada o 15 de abril de 1729 (Venres Santo) na igrexa de Santo Tomás en Leipzig baixo a dirección do compositor, nunha representación para a cal Bach non puido dispor dos recursos idóneos (nun memorando ao Consello da cidade de Leipzig, queixouse de que unicamente 17 dos 54 membros do coro estivesen á altura). Agora ben, en 1975, o musicólogo Joshua Rifkin demostrou que a estrea da obra tivo lugar en 1727.[4]

Instrumentación

[editar | editar a fonte]

A obra está escrita para dous coros, cada un formado por un grupo de catro voces (soprano, contralto, tenor e baixo) e un grupo de instrumentos (dúas frautas, dous óboes, óboe d'amore, cordas e baixo continuo). Neste sentido poderíase falar dun coro e unha orquestra dobres.

Ademais, nos números 1° e 35º aparece unha voz extra de sopranos (soprano in ripieno), que adoita cubrirse por un coro de nenos (en contraposición ás voces femininas dos dous coros). Porén, esta tradición non se corresponde coa intención de Bach, xa que nos coros das igrexas non participaban voces femininas, senón unicamente nenos e falsetistas. Neste sentido, non distinguían entre as voces dos coros I e II e a de soprano in ripieno (a menos que os dous coros fosen unicamente interpretados por solistas, contrapostos entón aos ripienistas).

O texto do libreto está baseado, por unha banda, nos capítulos 26 e 27 do evanxeo de Mateu na tradución de Martiño Lutero e, pola outra, en composicións poéticas do escritor Christian Friedrich Henrici (tamén coñecido como Picander) e en corais luteranos relacionados coa paixón. É posible ler o seu texto completo, na súa versión orixinal en alemán e a súa tradución castelá.[5]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Na Paixón segundo San Mateu aparecen os seguintes personaxes:

Ademais, hai ariosos e arias para as catro voces principais de ambos os coros (soprano, contralto, tenor, baixo), diferenciadas tamén segundo o coro ao que pertencen.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

A obra divídese en dúas grandes partes, entre as que tiña lugar o sermón e que corresponden, a primeira, co capítulo 26 e, a segunda, co capítulo 27 do evanxeo de San Mateu. Segundo a tradición das paixóns oratóricas, o texto bíblico atópase musicalizado de forma relativamente sinxela en recitativos, mentres que nos ariosos e nas arias, longas e contemplativas, presentan novos textos poéticos que comentan os diversos eventos da narración bíblica e dan un carácter máis íntimo á vida de Cristo.

O exemplo máis coñecido deste caso é a aria n.º 39, Erbarme dich, mein Gott (Apiádate de min, Deus meu), unha das partes máis fermosas da obra.[6] Entre os recitativos, ariosos e arias atópanse tamén corais intercaladas, que permiten a participación activa da congregación, que coñecía as melodías e os seus textos, e que, igualmente, comentan e levan á reflexión sobre as principais escenas da paixón.

A obra produce, ademais, unha fantástica sensación estereofónica grazas ao seu dobre coro e orquestra, que dialogan de xeito constante, principalmente no coro de entrada e no coro final, mais tamén nalgúns dos coros intermedios. Este formato dobre constitúe unha gran diferenza fronte á maior parte dos traballos interpretados nos servizos relixiosos dominicais. Neste aspecto, merece especial interese o coro de entrada Kommt, ihr Töchter, helft mir klagen (Veñan, fillas, axúdenme a laiarme), no que, ademais dos dous coros (e orquestras) que dialogan, aparece unha voz de soprano in ripieno que canta a coral O Lamm Gottes, unschuldig (Oh, inocente cordeiro de Deus) no medio dunha complexa estrutura polifónica e de grandes tensións harmónicas.

Primeira parte

[editar | editar a fonte]

Abreviaturas empregadas:

  • Voces: S Soprano - S rip. Soprano in ripieno - A Contralto - T Tenor - B Baixo - S, A, T, B Coro mixto a catro voces
  • Instrumentos: Fr Frauta (travesa) - Fr doce Frauta doce - Ób Óboe - Ób d'amore Óboe d'amore - Ób da caccia Óboe da caccia - Vl Grupo de violíns - Vl solo Violín solista - Va Grupo de violas - Va da gamba Viola da gamba - Cont. Baixo continuo
Parte I
Número Dotación
Coro I Coro II Extra
1. Coro Kommt, ihr Töchter S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. S rip.
2. Recitativo Da Jesus diese Rede vollendet hatte Evanxelista, Xesús, 2Vl, Va, Cont. - -
3. Coral Herzliebster Jesu, was hast du verbrochen S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. -
4a. Recitativo Da versammleten sich die Hohenpriester Evanxelista, Cont. - -
4b. Coro Ja nicht auf das Fest S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. -
4c. Recitativo Da nun Jesus war zu Bethanien Evanxelista, Cont. - -
4d. Coro Wozu dienet dieser Unrat S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. - -
4e. Recitativo Da das Jesus merkete Evanxelista, Xesús, 2Vl, Va, Cont. - -
5. Recitativo Du lieber Heiland du A, 2Fr, Cont. - -
6. Aria Buß' und Reu A, 2Fr, Cont. - -
7. Recitativo Da ging hin der Zwölfen einer Evanxelista, Xudas, Cont. - -
8. Aria Blute nur, du liebes Herz - S, 2Fr, 2Vl, Va, Cont. -
9a. Recitativo Aber am ersten Tage Evanxelista, Cont. - -
9b. Coro Wo willst du, dass wir bereiten S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. - -
9c. Recitativo Er sprach: Gehet hin in die Stadt Evanxelista, Xesús, 2Vl, Va, Cont. - -
9d. Coro Herr, bin ich's? S, A, T, B, 2Vl, Va, Cont. - -
10. Coral Ich bin's, ich sollte büßen S, A, T, B, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. -
11. Recitativo Er antwortete und sprach Evanxelista, Xesús, 2Vl, Va, Cont. - -
12. Recitativo Wiewohl mein Herz in Tränen schwimmt S, 2Ób d'amore, Cont. - -
13. Aria Ich will dir mein Herze schenken S, 2Ób d'amore, Cont. - -
14. Recitativo Und da sie den Lobgesang Evanxelista, Xesús, 2Vl, Va, Cont. - -
15. Coral Erkenne mich, mein Hüter S, A, T, B, 2Fl, 2Ób, 2Vl, Va, Cont -
16. Recitativo Petrus aber antwortete Evanxelista, Xesús, Pedro, 2Vl, Va, Cont. - -
17. Coral Ich will hier bei dir stehen S, A, T, B, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. -
18. Recitativo Da kam Jesus mit ihnen Evanxelista, Xesús, 2Vl, Va, Cont. - -
19. Recitativo con coral O Schmerz! T, 2Fr doce, 2Ób da caccia, Cont. S, A, T, B, 2Vl, Va, Cont. -
20. Aria con coro Ich will bei meinem Jesu wachen T, Ób, Cont. S, A, T, B, 2Fr, 2Vl, Va, Cont. -
21. Recitativo Und ging hin ein wenig Evanxelista, Xesús, 2Vl, Va, Cont. - -
22. Recitativo Der Heiland fällt - B, 2Vl, Va, Cont. -
23. Aria Gerne will ich mich bequemen - B, 2Vl, Cont. -
24. Recitativo Und er kam zu seinen Jüngern Evanxelista, Xesús, 2Vl, Va, Cont. - -
25. Coral Was mein Gott will S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. -
26. Recitativo Und er kam und fand sie schlafend Evanxelista, Xesús, Xudas, 2Vl, Va, Cont. - -
27a. Aria con coro So ist mein Jesus nun gefangen S, A, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. -
27b. Coro Sind Blitze, sind Donner S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. -
28. Recitativo Und siehe, einer aus denen Evanxelista, Xesús, 2Vl, Va, Cont. - -
29. Coral O Mensch, bewein dein Sünde groß S, A, T, B, 2Fr, 2Ób d'amore, 2Vl, Va, Cont. S rip.

Segunda parte

[editar | editar a fonte]

Abreviaturas empregadas:

  • Voces: S Soprano - S rip. Soprano in ripieno - A Contralto - T Tenor - B Baixo - S, A, T, B Coro mixto a catro voces
  • Instrumentos: Fr Frauta (travesa) - Fr doce Frauta doce - Ób Óboe - Ób d'amore Óboe d'amore - Ób da caccia Óboe da caccia - Vl Grupo de violíns - Vl solo Violín solista - Va Grupo de violas - Va da gamba Viola da gamba - Cont. Baixo continuo
Parte II
Número Dotación
Coro I Coro II
30. Aria con coro Ach, nun ist mein Jesus hin A, Fr, Ób d'amore, 2Vl, Va, Cont. S, A, T, B, 2Vl, Va, Cont.
31. Recitativo Die aber Jesum gegriffan hatten Evanxelista, Cont. -
32. Coral Mir hat die Welt trüglich gericht't S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
33. Recitativo Und wiewohl viel falsche Zeugen Evanxelista, Sumo sacerdote, Cont. Dúas testemuñas, Cont.
34. Recitativo Mein Jesus schweigt - T, 2Ób, Cont.
35. Aria Geduld, wenn mich falsche Zungen - T, Va da gamba, Cont.
36a. Recitativo Und der Hohepriester antwortete Evanxelista, Xesús, Sumo Sacerdote, 2Vl, Va, Cont. -
36b. Coro Er ist des Todes schuldig S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
36c. Recitativo Da speieten sie aus Evanxelista, Cont. -
36d. Coro Weissage uns, Christe S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
37. Coral Wer hat dich so geschlagen S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
38a. Recitativo Petrus aber saß draußen Evanxelista, Dúas serventas, Pedro, Cont. -
38b. Coro Wahrlich, du bist auch einer - S, A, T, B, 2Fr, 2Ób d'amore, 2Vl, Va, Cont.
38c. Recitativo Da hub er an sich zu verfluchen Evanxelista, Pedro, Cont. -
39. Aria Erbarme dich, mein Gott A, Vl solo, 2Vl, Va, Cont. -
40. Coral Bin ich gleich von dir gewichen S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
41a. Recitativo Des Morgens aber hielten alle Evanxelista, Xudas, Cont. -
41b. Coro Was gehet uns das an S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
41c. Recitativo Und er warf die Silberlinge Evanxelista, Dous sacerdotes, Cont. -
42. Aria Gebt mir meinen Jesum wieder - Xudas, Vl solo, 2Vl, Va, Cont.
43. Recitativo Sie hielten aber einen Rat Evanxelista, Xesús, Pilato, 2Vl, Va, Cont. -
44. Coral Befiehl du deine Wege S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
45a. Recitativo Auf das Fest aber Evanxelista, Pilato, Esposa de Pilato, Cont. -
45b. Coro Barrabam! S, A, T, B, Cont. S, A, T, B, Cont.
45c. Recitativo Pilatus sprach zu ihnen Evanxelista, Pilato, Cont. -
45d. Coro Lass ihn kreuzigen! S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
46. Coral Wie wunderbarlich ist doch diese Strafe S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
47. Recitativo Der Landpfleger sagte Evanxelista, Pilato, Cont. -
48. Recitativo Er hat uns allen wohlgetan S, 2Ób da caccia, Cont. -
49. Aria Aus Liebe will mein Heiland sterben S, Fr, 2Ób da caccia -
50a. Recitativo Sie schrieen aber noch mehr Evanxelista, Cont. -
50b. Coro Lass ihn kreuzigen! S, A, T, B, 2F, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
50c. Recitativo Da aber Pilatus sahe Evanxelista, Pilato, Cont. -
50d. Coro Sein Blut komme über uns S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
50e. Recitativo Da gab er ihnen Barrabam los Evanxelista, Cont. -
51. Recitativo Erbarm es Gott! - A, 2Vl, Va, Cont.
52. Aria Können Tränen meiner Wangen - A, 2Vl, Cont.
53a. Recitativo Da nahmen die Kriegsknechte Evanxelista, Cont. -
53b. Coro Gegrüßet seist du, Jüdenkönig! S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
53c. Recitativo Und speieten ihn an Evanxelista, Cont. -
54. Coral O Haupt voll Blut und Wunden S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
55. Recitativo Und da sie ihn verspottet hatten Evanxelista, Cont. -
56. Recitativo Ja freilich will in uns B, 2Fr, Va da gamba, Cont. -
57. Aria Komm, süßes Kreuz B, Va da gamba, Cont. -
58a. Recitativo Und da sie an die Stätte kamen Evanxelista, Cont. -
58b. Coro Der du den Tempel Gottes zerbrichst S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
58c. Recitativo Desgleichen auch die Hohepriester Evanxelista, Cont. -
58d. Coro Andern hat er geholfen S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
58e. Recitativo Desgleichen schmäheten ihn auch Evanxelista, Cont. -
59. Recitativo Ach Golgatha A, 2Ób da caccia, Cont. -
60. Aria con coro Sehet, Jesus hat die Hand A, 2Ób da caccia, Cont. S, A, T, B, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
61a. Recitativo Und von der sechsten Stunde an Evanxelista, Xesús, Cont. -
61b. Coro Der rufet dem Elias S, A, T, B, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. -
61c. Recitativo Und bald lief einer Evanxelista, Cont. -
61d. Coro Halt! laß sehen - S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
62. Coral Wenn ich einmal soll scheiden S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
63a. Recitativo Und siehe da Evanxelista, Cont. -
63b. Coro Wahrlich, dieser ist Gottes Sohn S, A, T, B, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
63c. Recitativo Und es waren viel Weiber da Evanxelista, Cont. -
64. Recitativo Am Abend, da es kühle war B, 2Vl, Va, Cont. -
65. Aria Mache dich, mein Herze, rein B, 2Ób da caccia, 2Vl, Va, Cont. -
66a. Recitativo Und Joseph nahm den Leib Evanxelista, Cont. -
66b. Coro Herr, wir haben gedacht S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
66c. Recitativo Pilatus sprach zu ihnen Evanxelista, Pilato, Cont. -
67. Recitativo Nun ist der Herr zur Ruh gebracht S, A, T, B, 2Vl, Va, Cont. S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.
68. Coro Wir setzen uns mit Tränen nieder S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont. S, A, T, B, 2Fr, 2Ób, 2Vl, Va, Cont.

Simbolismo

[editar | editar a fonte]

Na Paixón segundo San Mateu Bach traballa con diversos símbolos musicais. Por esa razón, as palabras de Cristo son sempre acompañadas por tons longos das cordas, que se empregan como símbolo do divino, mentres que os outros personaxes só son acompañados polo baixo continuo. Tan só cando Cristo pronuncia as súas últimas palabras, as cordas calan. Isto simboliza a conversión de Cristo en home.

Recepción da obra

[editar | editar a fonte]

A obra non foi moi estimada no seu tempo polo seu estilo "operístico", que foi rexeitado na súa maioría polos representantes do pietismo dentro da burguesía de Leipzig. Bach revisou algunhas das partes da obra varias veces, a última delas en 1736, cando incluíu un grupo de continuo con órgano para cada un dos dous coros.

Tras a morte de Bach, a obra caeu no esquecemento (como, en xeral, toda a obra do compositor) e non foi até 1829 cando o compositor e director de orquestra Felix Mendelssohn volveu interpretala coa Sing-Akademie de Berlín nunha versión abreviada. A nova interpretación desta obra deu comezo a un forte interese polo estudo e a análise das obras de Bach, particularmente as de grande escala, que persistiu ata os nosos días. Tras o descubrimento da obra en 1829 por parte de Mendelssohn, Adolf Bernhard Marx, íntimo amigo naquela época do compositor, persuadiu ao editor musical Adolf Martin Schlesinger de emprender a publicación da composición, facendo a obra mestra de Bach accesible para os académicos por vez primeira.[7] Ata o século XX, era común que as festas do luteranismo usasen a Paixón segundo San Mateu de Bach durante os servizos relixiosos na celebración do Venres Santo.

Na actualidade, existen moitas e moi diversas interpretacións desta obra mestra (Wilhelm Furtwängler, Karl Richter, Otto Klemperer, Herbert von Karajan, Nikolaus Harnoncourt, Gustav Leonhardt, Frans Brüggen, Ton Koopman, John Eliot Gardiner, Hermann Max, Paul McCreesh, Peter Dijkstra, entre outros), que amosan o amplo espectro de posibilidades que ofrece a interpretación desta paixón.

  1. "Mateu na Guía de nomes da RAG". academia.gal. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  2. "BWV244". Consultado o 2023-08-09. 
  3. "Matthaus-Passion BWV 244". Consultado o 2023-08-09. 
  4. Rifkin, Joshua (1975). "The Chronology of Bach's Saint Matthew Passion" 61 (3): 360–387. ISSN 0027-4631. 
  5. "La pasión según San Mateo. Texto". Consultado o 2023-08-09. 
  6. Magdalena Kožená interpreta el aria Erbarme dich, mein Gott.
  7. Burnham, Scott. Aesthetics, Theory, and History in the Works of Adolf Bernhard Marx. Tesis, Brandeis University, 1988

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]