Palacio de Holyrood
Palacio de Holyrood | |
---|---|
Coordenadas | 55°57′10″N 3°10′20″O / 55.9527, -3.17229 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Palacio de Holyroodhouse, máis frecuentemente coñecido como Palacio de Holyrood, é un palacio situado en Edimburgo (Escocia).
Toponimia
[editar | editar a fonte]Holyrood é unha anglicización do termo escocés Haly Ruid, que significa Santa Cruz.
Edificio
[editar | editar a fonte]O palacio atópase na zona de Holyrood, no extremo da Milla Real, a rúa principal da zona vella da cidade, chamada precisamente así porque une no seu extremo oeste o castelo de Edimburgo co palacio de Holyrood, no extremo leste.
O conxunto foi fundado inicialmente como un mosteiro por David I de Escocia, en 1128. Serviu como principal residencia dos reis e das raíñas da Escocia desde o século XV. Dende a unión das coroas británicas, o palacio é usado polos monarcas británicos como a súa residencia oficial cando están en Escocia. Na actualidade a raíña raíña Sabela II, adoita usar o palacio no inicio de cada verán.
Lenda
[editar | editar a fonte]Unha das lendas referidas sobre o palacio conta que unha vez un soldado foi destinado a explorar se había túneis que comunicasen este edificio co castelo, situado a unha milla de distancia e montaña arriba. Como o soldado se perdeu e nunca máis volveu, disque se escoita a canción que cantaba de cando en cando, entre as paredes dos castelo.[Cómpre referencia]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Palacio de Holyrood |
- O Palacio de Holyroodhouse Arquivado 27 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.(en inglés).
- Arquitectura de Edimburgo - A Milla RealArquivado 06 de xuño de 2011 en Wayback Machine.(en inglés).
- holyroodhouse.com - Unha descrición cronolóxica da historia do Palacio de Holyroodhouse(en inglés).