Palatalización
Aparencia
A palatalización é un cambio fonético asimilatorio polo cal un fonema ou son despraza o seu punto de articulación até a rexión palatal ou palato-alveolar por mor da proximidade dunha vocal (ou outro son) de articulación palatal.
O termo tamén se usa para indicar o modo de articulación especial como consonante palatalizada que posúen algunhas linguas como posibilidade fonética ou fonológica.
Exemplos de cambios de palatalización
[editar | editar a fonte]- A maioría das linguas romances presenta palatalización das fonemas latinos /k, g/ ante vogal palatal e das secuencias /diV-,-niV-,-tia,-tio/ (onde V denota calquera vogal).
- Nas linguas indoeuropeas, unha palatalización provocou que a maioría das linguas orientais sufrisen palatalización de /*ky, *gy, *gyh/. As linguas que sufriron dita palatalización denomínanse linguas satem e as linguas que non a sufriron denomínanse linguas centum.
- O moderno grego cretense presenta palatalización de /*k, *x, γ/ > /č, š, ž/ ante as vocais /e, i/, así:
Glosa Grego clásico Grego moderno Grego cretense 'e' kai [kaj] ke [kε] če [tʃ ͡ε] 'man' kheir [kʰejɾ] xeri [xeɾi] šeri [ʃeɾi] 'ancián' geros [geɾos] γeros [γeɾos] žeros [ʒeɾos]
- O xaponés medio, dos séculos XII a XVI, palatalizó as seguintes sílabas do antigo xaponés (séculos VIII a XI):
- -/si, *zi / > /ɕi, ʑi/ (shi, ji), /*sya, *syo, *syu; *zya, *zyo, *zyu/ > /ɕa, ɕou, ɕou, ʑa, ʑou, ʑou/ sha, sho, shu; ja, jo, ju).
- -/ti, di / > /tɕ͡i, dʑ͡i/ (chi, ji), /*tya, *tyo, *tyu; *dya, *dyo, *dyu/ > /tɕ͡a, tɕ͡ou, tɕ͡ou; dʑ͡a, dʑ͡ou, dʑ͡ou/ (cha, cho, chu; ja, jo, ju).
- É dicir todos as fonemas coronais /s, z; t, d/ foron palatalizados ante /i,e/.
Consoantes palatalizadas
[editar | editar a fonte]Numerosas linguas como moitas linguas eslavas e mesmo linguas non indoeuropeas como o chinés estándar posúen consoantes que se articulan como palatalizadas.