Palau de la Generalitat Valenciana
Palau de la Generalitat Valenciana | |
---|---|
![]() Torreón antigo | |
Edificio | |
Tipo | palacio ![]() |
Estilo | Valencian Gothic (en) ![]() ![]() |
Coordenadas | 39°28′36″N 0°22′36″O / 39.4767, -0.376689 |
Patrimonio Cultural | |
Ben de interese cultural | |
Data | 3 de xuño de 1931 |
Identificador | RI-51-0000971 |
Codi IGPCV | 46.250-9999-000184[1] ![]() |
| |
Ben de interese cultural | |
Identificador | RI-51-0000971 |
Codi IGPCV | 46.250-9999-000184[1] ![]() |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Palau de la Generalitat (en galego Pazo da Xeneralidade), na cidade de Valencia, é a sede da Generalitat Valenciana, segundo o que establece o Estatuto valenciano no seu título I, artigo 5.1. O Palau de la Generalitat de Valencia, igual que o de Cataluña é un dos poucos edificios de orixe medieval en Europa que se mantén coma sede do goberno e da institución que o construíu, a Generalitat do Reino de Valencia.
Este edificio está cheo de simbolismo para os valencianos, entre outros motivos porque a pesar de séculos de continxencias históricas e políticas, hoxe en día continúa a ser, xunto con Les Corts, o símbolo da unidade e da identidade valencianas.
Monumento Histórico-Artístico dende 1931, é un dos edificios máis famosos da cidade, elaborado a base de materiais locais, como a pedra de Godella e Rocafort, azulexos de Manises e Paterna, mármores do Buixcarró e madeira tallada das fragas autóctonas.

A Generalitat
[editar | editar a fonte]A Generalitat ou Diputació General era unha comisión delegada das Cortes Valencianas creada no ano 1361. Facíase cargo da xestión e administración dos donativos e impostos ofrecidos polos tres brazos integrantes das Cortes (eclesiástico, militar e civil) á Coroa. Por generalitats (ou compartimentos) eran coñecidos os impostos indirectos creados nas Corts de Montsó. A precaria situación económica da Coroa a principios do século XV levaría á consolidación deste tipo de impostos, feito que supuxo a fixación dunha institución encargada de administralos, que sería a Xeneralidade, os membros das cales eran chamados deputados.
No 1403 as Cortes Valencianas nomearon trinta e dous deputados (oito en representación do rei, o brazo civil, o militar e eclesiástico, respectivamente) para a Xeneralidade coa fin de lexislar sobre cuestións que as Cortes consideraban menores. En 1418 Afonso o Magnánimo converteu a Xeneralidade do Reino de Valencia nun órgano de administración dos fondos do Reino e en máximo representante deste en ausencia de Cortes. Tres anos despois comezou a construción do pazo.
O antigo emblema da Xeneralidade, omnipresente por todo do pazo, era formado por Sant Jordi, representante do estamento militar e nobiliario, a Virxe, do brazo eclesiástico, e o Anxo Custodio, das cidades e vilas reais. Hoxe este emblema é o das Cortes Valencianas, e para a Xeneralidade empregase a heráldica do rei Pere el Cerimoniós, que consta dun escudo catri-barrado inclinado cara a dereita, acompañado dun helmo de prata coroado, un mantelete en azul, unha cruz curvilínea e, e no cumio un dragón alado.
![]() |
![]() |
Uso e funcións
[editar | editar a fonte]O pazo comézase no 1421 coa fin de albergar a mesma entidade que hoxe acollo e que lle dá nome, a Diputació General ou Xeneralidade del Regne de València, máxima institución foral dos valencianos dende 1418.
Despois da Guerra de Sucesión o rei Filipe V de Borbón aboliu os Furs (1707) e o edificio perdeu a súa función. O edificio albergou a Audiencia Territorial de 1751 a 1923, ano en que se instalou a Deputación provincial. Despois da chegada da democracia actual e a recuperación das institucións valencianas, volve a ser sede da Xeneralidade, e símbolo da unidade e da identidade valenciana. En 1978 acolleu de novo o Consello e as Cortes, pero en 1984 estes foron trasladades ao Palau de Benicarló e o edificio quedou exclusivamente para o Consell da Xeneralidade Valenciana.
Localización
[editar | editar a fonte]
O edificio está formado por un gran rectángulo, nos costados menores do cal álzanse dúas torres tamén rectangulares, unha do século XVI e outra do XX, de maior alzada que o corpo central do edificio (século XV). As súas fachadas miran ás seguintes rúas:
- Fachada sur: Rúa de Cavallers.
- Fachada oeste (torre s. XX): praza de Manises, onde se atopa a que hoxe é a entrada principal ao pazo.
- Fachada norte: praza de Manises e rúa da Batlia.
- Fachada leste (torre s. XVI): praza da Mare de Déu, da que está separada por un xardín, onde antes se situaba o Casa de la Ciutat, a cal foi derrubada despois do incendio que padeceu en 1885.
Atópase dentro do barrio de La Seu, a poucos pasos da catedral, o Micalet e a Basílica da Mare de Déu dels Desemparats.
O edificio
[editar | editar a fonte]Construído en estilo gótico tardío por Pere Comte e Joan Guivarró, a parte máis antiga é a portada da rúa de Cavallers (1481), e a máis moderna, mais aínda gótica, son os arcos da galería superior (1541). Distribúese coma un pazo gótico mediterráneo con patio descuberto, escaleira de honra, semisoto e tres andares: entreplanta, piso principal e galería.
A fachada que mira á Rúa de Cavallers presenta:
- porta de acceso con doela de medio punto que leva ao patio;
- entreplanta, con seis fiestras rectangulares moldeadas;
- piso principal, con seis xanelas góticas trilobuladas con finas columnas;
- galería, con dezaseis xanelas por debaixo do beirado de madeira;
- tellado a dúas vertentes, en contraste coas catro do torreón primitivo.
A fachada que mira á praza de Manises ten:
- porta de acceso con doela, en liña co anterior, que tamén dá ao patio;
- entreplanta, con sete fiestras rectangulares moldeadas;
- piso principal, con oito xanelas góticas trilobuladas con finas columnas;
- galería, con vinte e tres fiestras por debaixo do beirado de madeira.
![]() |
![]() |
![]() |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Plana sobre o Palau de la Xeneralidade
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Palau de la Generalitat Valenciana |
- ↑ 1,0 1,1 URL da referencia: https://eduwp.edu.gva.es/patrimonio-cultural/ficha-inmueble.php?id=1431. Data de acceso: 25 de novembro de 2024.