Casa do Concello de Valencia
Casa do Concello de Valencia | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | casa do concello ![]() | |||
Estilo | neoclasicismo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | |||
Provincia | provincia de Valencia | |||
Comarca da Comunidade Valenciana | Comarca de València | |||
Concello | Valencia ![]() | |||
Localización | Ciutat Vella de Valencia ![]() | |||
Enderezo | Plaça de l'Ajuntament, 1 ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1930 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
1939 | reconstrución | |||
1943 | construción | |||
1965 | construción, Arquitecto: José Luis Testor Gómez (en) ![]() ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Concello de Valencia ![]() | |||
Arquitecto/a | Francisco Mora Berenguer e Carlos Carbonell Pañella ![]() | |||
Ocupante | Concello de Valencia ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben inmoble de relevancia local | ||||
Identificador | 46.250-9999-000003 | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | valencia.es ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A Casa do Concello de Valencia (en catalán: Palau consistorial de València) é a sede do Consello Municipal da cidade de Valencia. Domina a Praza de l'Ajuntament.
O edificio
[editar | editar a fonte]


É un edificio neoclásico, cun campanario en medio e dúas torres nos dous extremos. O gran balcón atópase directamente enriba da porta principal. Á entrada, hai unha clase de soportal con dúas columnas grosas e unha escaleira. No alto da escaleira á dereita está a famosa cambra de vidre ("cámara de vidro"). Dentro tamén podemos atopar o Hemiciclo e o Arquivo Municipal.
Historia
[editar | editar a fonte]O edificio actual erixiuse a comezos do século XX (1905-1950), incorporando a antiga Casa de l'Ensenyança, un instituto católico, e a Església de la Sang ("igrexa do sangue"). O proxecto foi a cargo do arquitecto municipal Carlos Carbonell, e a fachada foi deseñada por Mariano Benlliure. A estrutura orixinal, de estilo barroco, aínda se pode apreciar na parte de atrás. Até o 1934 o conselle municipal tiña como o seu edificio principal unha edificación xa desaparecida na Praza da Mare de Déu.
Durante a guerra civil celebráronse na Casa Consistorial sesións do parlamento español, refuxiado en Valencia entre o 6 de novembro de 1936 e 1939.
Festas
[editar | editar a fonte]Durante as Fallas, ás dúas do mediodía, o balcón do Ajuntament enchese de persoeiros, ademais da Falleira Maior, o alcalde e ás veces o President da Generalitat. Desde aí dan a orde ao mestre pirotécnico de comezar a mascletà feita na mesma praza coa seguinte frase:
Senyor pirotècnic, pot començar la mascletà!
O 9 de outubro, día da cidade e dende 1982 "Diada do País Valenciano", a Senyera reial baixase dende o balcón a terra utilizando unha corda para que se manteña dereita (xa que a tradición di que non pode inclinarse ante ninguén) e fai un percorrido polo centro da cidade até a praza de Afonso o Magnánimo e retornando despois ao alto da Casa Consistorial, onde se garda até o vindeiro ano.
Servizos
[editar | editar a fonte]No Ajuntament pódense atopar oficinas de atención ao público: a de turismo, a do padrón ou rexistro municipal, a de información xeral, a de tributos e a Policía Local.
Tamén o Museu Històric de la Ciutat (Museo Histórico da Cidade) atópase dentro do edificio. Este museo conten a documentación dos Foros e do Llibre del Consolat del Mar, a Reial Senyera e o Penó de la Conquesta, o plano do Padre Tosca, bandeiras gremiais, un fragmento de artesanía da antiga Casa de la Ciutat e diversas pezas de ourivaría procedentes da capela dos Jurats e da capela de Santa Rosa.
Visitas
[editar | editar a fonte]A entrada é de balde e o horario é de 09.15 a 14.00 de luns a venres.
Galería
[editar | editar a fonte]![]() |
![]() |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Portal do Ajuntament Arquivado 21 de xuño de 2007 en Wayback Machine. (en catalán)