Saltar ao contido

Palmyre Ros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Palmyre Ros Ramos»)
Infotaula de personaPalmyre Ros
Biografía
Nacemento1942 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Rennes, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , feminista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAlianza Francesa Editar o valor em Wikidata
Partido políticoXuventude Comunista Editar o valor em Wikidata

Palmyre Ros Ramos, nada en Rennes en 1942, é unha profesora e feminista francesa, creadora dunha publicación feminista pioneira en Galicia.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Rennes en 1942, durante a ocupación nazi de Francia, nunha familia de exiliados españois de orixe proletaria e laica.[1][3] A súa nai era republicana libertaria e o seu pai, Germinal Ros, un militante comunista.[3]

Militou nas Xuventudes Comunistas de España en París.[1] En 1963 foi enviada polo Partido Comunista a Vigo para loitar contra o franquismo.[1][4] Entre 1963 e 1966 foi profesora da Alianza francesa nesta cidade.[1][4] En Vigo, relacionouse coa educadora Antía Cal e o militante comunista Carlos Núñez, ademais de distribuír libros clandestinos e propaganda, ademais de propiciar ideas alí entón novas sobre a liberación da muller que divulgaba entre a mocidade estudante.[1][3] En 1966, creou xunto con outras mulleres a publicación clandestina Alborada, un proxecto pioneiro de prensa clandestina e feminista.[4][5]

Foi detida aos 24 anos pola policía franquista por posuír propaganda ilegal, entre a que se atopaban varios exemplares da revista comunista Mundo Obrero, así como tres copias do poema de Antonio Machado El crimen fue en Granada, sobre o asasinato de Federico García Lorca.[4] Isto fixo que só chegasen a se publicar dous números da revista Alborada.[6] Foi condenada a tres anos de prisión polo Tribunal de Orde Pública.[1]

Pasou tres días en prisión ata que lle foi concedida a liberdade provisional.[4] Mentres esta a espera do xuízo, conseguiu fuxir a París con axuda de amigos.[4] Foi declarada en rebeldía pola xustiza española.[4] En 1967, foi sentenciada a un ano de prisión menor e dez mil pesetas de multa, debendo asumir ademais custas procesuais.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2020, o sindicato Comisións Obreiras outorgoulle en Santiago de Compostela a Palmyre Ros, Berta Trigo e Plácido Cal co Premio 10 de Marzo, que recoñece a traxectoria solidaria e polas liberdades democráticas de persoas traballadoras e sindicalistas.[1]

Ese mesmo ano, a súa vida foi recompilada no libro da ensaísta e profesora María Lopo Palmyre Ros e a revista Alborada (Vigo,1966) un proxecto pioneiro da prensa clandestina de mulleres, que foi presentado en Vigo pola autora e a propia Ros, xunto a Ramón Sarmiento, Amelia Pérez e Ricardo Gurriarán.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]