Panavia Tornado
Panavia Tornado | |
---|---|
Tipo | multirrol/ataque |
Fabricante | Panavia Aircraft GmbH |
Primeiro voo | 14 de agosto de 1974 |
Introducido | 1979 |
Estado | en servizo |
Produción | 1979 - 1998 |
Unidades construídas | 990 |
O Panavia Tornado é unha familia de avións de combate multirrol bimotores con á de xeometría variable, desenvolvidos e fabricados conxuntamente por Italia, Reino Unido e Alemaña occidental. Hai tres variantes principais do Tornado: o cazabombardeiro Tornado IDS (Interdictor/Strike), o supresor de defensas aéreas inimigas Tornado ECR (Electronic Combat/Reconnaissance) e o interceptor Tornado ADV (Air Defence Variant).
O Tornado desenvolveuse e fabricouse por Panavia Aircraft GmbH, un consorcio trinacional formado por British Aerospace (anteriormente British Aircraft Corporation), MBB, e Aeritalia. Voou por primeira vez o 14 de agosto de 1974 e entrou en servizo en 1979–1980. Debido ao seu deseño multirrol, foi capaz de substituír a varias frotas de avións cando foi introducido. A Real Forza Aérea Saudita (RSAF) converteuse no único cliente de exportación do Tornado. Unha unidade trinacional de adestramento e avaliación que operaba dende RAF Cottesmore, a Tri-National Tornado Training Establishment, mantivo o nivel de cooperación internacional máis aló da fase de produción.
O Tornado foi operado pola Royal Air Force (RAF), a Forza Aérea de Italia, e a RSAF durante a guerra do Golfo de 1991, na cal realizou a meirande parte dos ataque de penetración a baixa cota. Os Tornado de varios servizos tamén se usaron na guerra de Bosnia, na guerra de Kosovo, na guerra de Iraq, na guerra de Libia de 2011, e tamén tipo pequenos roles en Afganistán, Iemen, e Siria. Incluídas todas as variantes, fabricáronse un total de 990 Tornado.[1]
Variantes
[editar | editar a fonte]Tornado IDS
[editar | editar a fonte]- Tornado GR1
As variantes IDS (interdictor/strike) da RAF designáronse inicialmente Tornado GR1, con avións modificados posteriormente sendo designados Tornado GR1A, Tornado GR1B, Tornado GR4 e Tornado GR4A. O primeiro dos 228 GR1 entregouse o día 5 de xuño de 1979, e o tipo entrou en servizo a principios da década dos 80.
- Tornado GR1B
O Tornado GR1B era unha variante do GR1 especializada en loita antibuque, que substituíu o Blackburn Buccaneer. 26 avións foron convertidos e baseáronse en RAF Lossiemouth, Escocia.[2] Cada avión podía levar ata catro mísiles antibuque Sea Eagle.[3] Ao principio o GR1B o GR1B carecía da capacidade de radar para rastrexar barcos, confiando no seu lugar no buscador do mísil para adquirir os brancos. Posteriores actualizacións permitiron que os datos do obxectivo fosen pasados do avión aos mísiles.[4]
- Tornado GR1P
Un único Tornado GR1 (ZA326, o oitavo avión de produción) foi redesignado GR1P despois de ser parcialmente reconstruído usando partes de diferentes lotes de produción tras un incendio nunha proba de motores. Este aparello serviu co Royal Aircraft Establishment e a Empire Test Pilot's School ata 2005, cando foi retirado, sendo o derradeiro GR1 en servizo no mundo.[5]
- Tornado GR4
O Ministerio de Defensa británico comezou a estudar a actualización de metade de vida (Mid-Life Update) do GR1 en 1984.[6] A actualización ao estándar GR4, aprobada en 1994, melloraría a capacidade no rol de altitude media baseándose nas leccións aprendidas do rendemento do GR1 na guerra do Golfo de 1991. British Aerospace (despois BAE Systems) actualizou 142 Tornado GR1 ao estándar GR4, comezando en 1996 e rematando en 2003. 59 avións da RAF recibiron posteriormente o paquete de aviónica CUSP que integraba a bomba Paveway IV e instalaba un novo módulo de comunicacións seguras de Cassidian na fase A, seguido polo enlace de datos de intercambio de información táctica (TIE) de General Dynamics na fase B.[7][8]
- Tornado GR1A/GR4A
O GR1A é a variante de recoñecemento operada pola RAF e a RSAF, equipada co TIRRS (Tornado Infra-Red Reconnaissance System) no lugar do canón.[9] A RAF pediu 30 GR1A, 14 reconstruídos a partir de GR1 e 16 avións novos.[10] Cando os Tornado GR1 actualizáronse para converterse en GR4, os avións GR1A actualizáronse ao estándar GR4A.[11] O cambio de operacións de baixo nivel a operacións de nivel medio/alto significa que xa non se utilizaba o TIRRS interno.[12] Como os sensores internos dos GR4A xa non eran esenciais, a Tactical Reconnaissance Wing da RAF operaba tanto avións GR4A como GR4.
Tornado ECR
[editar | editar a fonte]Operado por Alemaña e Italia, o ECR (Electronic Combat/Reconnaissance) ñe unha variante do Tornado dedicada a misións de supresión de defensas aéreas inimigas (SEAD). Foi entregado por vez primeira o 21 de maio de 1990. O ECR ten sensores para detectar o uso de radar e está equipado con con mísiles AGM-88 HARM anti-radiación.[13] Os 35 ECR da Luftwaffe entregáronse novos, mentres que Italia recibiu 16 IDS convertidos. Os Tornado ECR italianos diferencianse dos alemáns en que carecen de capacidade de recoñecemento integrada e usan cápsulas de reccoñecemento RecceLite. Só os ECR da Luftwaffe levaban motores RB199 Mk.105, que tiñan unha maior potencia.[14] Os avións alemáns non tiñan canón.[15] A RAF usou a versión IDS no rol SEAD en lugar do ECR, e tamén modificou varios dos seus Tornado F.3 para realizar esta misión.[16]
Tornado ADV
[editar | editar a fonte]O Tornado ADV (Air Defence Variant) era unha variante de intercepción desenvolvida para a RAF (designada Tornado F2 ou F3) e tamén operada por Arabia Saudita e Italia. O ADV era menos áxil que cazas como o McDonnell Douglas F-15 Eagle,[17] pero non foi ideado para o combate aéreo próximo, senón como un interceptor de longa duración para contrarrestar a ameaza dos bombardeiros da guerra fría.[18] Aínda que o ADV tiña un 80% de partes en común co Tornado IDS, o ADV tiña unha mellor aceleración, motores RB199 Mk.104 mellorados, un corpo alongado, máis capacidade de combustible, o radar AI.24 Foxhunter, e cambios no software. Só tiña un canón para acomodar unha sonda de reabastecemento en voo retráctil.[19][20]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Variants". www.panavia.de. Consultado o 2020-12-07.
- ↑ Lake World Air Power Journal Volume 30, p. 117.
- ↑ Laming 1996, p. 97.
- ↑ Donald World Air Power Journal Volume 33, p. 105.
- ↑ "Tornado ZA326". Panavia Tornado Preservation Group (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2023.
- ↑ Flight International World Aircraft and Systems Directory. Reed Business Information Ltd. 2001. p. 187. ISBN 0-617-01289-X.
- ↑ "Farnborough: Tornado will go out in style". Shephard (en inglés). Consultado o 2023-07-09.
- ↑ Hoyle, Craig. "BAE Systems gets £210 million contract to upgrade UK Tornado GR4s". Flight Global (en inglés). Consultado o 2023-07-09.
- ↑ Evans 1999, pp. 98-99.
- ↑ Evans 1999, p. 97.
- ↑ Lake, Air International, abril de 2008, p. 24.
- ↑ Lake, Air International, abril de 2008, p. 28.
- ↑ Jackson et al. 1998, p. 237.
- ↑ Jackson et al. 1998, p. 241.
- ↑ Davies, Steve. "German SEAD: The Tornado ECRs of JaBoG 32." AirForces Monthly, marzo de 2003, p. 32.
- ↑ "RAF - Tornado F3". web.archive.org. 2008-03-14. Archived from the original on 14 de marzo de 2008. Consultado o 2023-07-09.
- ↑ Haglund 1989, p. 70.
- ↑ Eagles 1991, p. 88.
- ↑ Eagles 1991, pp. 88-91.
- ↑ "TurboUnion". web.archive.org. 2011-09-18. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2011. Consultado o 2023-07-09.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Eagles, J.D. "Preparing a Bomber Destroyer: The Panavia Tornado ADV." Putnam Aeronautical Review (Naval Institute Press), Volume 2, 1991, pp. 88–93.
- Evans, Andy (1999). Panavia Tornado. Ramsbury, Marlborough, Wiltshire, UK: The Crowood Press, 1999. ISBN 1-86126-201-9.
- Jackson, Paul, Kenneth Munson, Lindsay Peacock and John W. R. Taylor, eds. Jane's All The World's Aircraft 1997–98. Londres: Jane's Information Group, 1998. ISBN 0-7106-1788-7.
- Laming, Tim. Fight's On: Airborne with the Aggressors. Minneapolis, Minnesota: Zenith Imprint, 1996. ISBN 0-7603-0260-X.