Saltar ao contido

Papías (almirante)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPapías
Biografía
Nacementoséculo I a. C. Editar o valor en Wikidata
Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Morteséculo I a. C. Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Prefeito da frota (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRepública Romana Tardía Editar o valor en Wikidata
Familia
Paisvalor descoñecido Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft, (sec:Papia(s) 1) Editar o valor en Wikidata

Papías foi un almirante romano no século I a.C. Durante as guerras civís romanas participou na Guerra de Sicilia como un dos almirantes baixo o mando de Sexto Pompeio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Canto se sabe del provén de Apiano que menciona a Papías varias veces na súa obra De bellis civilibus (en galego, As guerras civís [Emphylia, Ἐμφύλια]), cando describe a loita por Sicilia. No verán do 36 a. C., Papías atacou a frota de Lépido que estaba a transporta-lo seu exército de invasión dende África a Lilybaeum (Marsala) no suroeste de Sicilia. Aínda que conseguiu inflixir grandes perdas á frota de Lépido, pois das catro lexións, conseguiu destruír dúas,[1] non puido impedir que as outras dúas desenbarcasen e se reunisen con Lépido.[2] Máis tarde, o 11 de agosto do mesmo ano, dirixiu a frota de Sexto Pompeio que se enfrontou a Agripa na batalla de Mylae.

Batalla de Mylae

[editar | editar a fonte]

Durante o curso da batalla, o propio barco de Papías foi embestido pola proa do barco de Agripa e afundido pero logrou nadar ata outro barco da súa frota que estaba preto e continuou a batalla.[3] Non obstante, Sexto Pompeio, que observou a batalla dende a costa, ordenou a retirada despois de recoñecer que a batalla parecía inclinarse a favor de Agripa e que tamén lle chegaban reforzos. Papías conseguiu unha retirada ordenada da frota cara a zonas de escaso calado, onde os barcos máis grandes e pesados ​​da frota de Agripa non se atreviron a seguilos. Tras perder trinta barcos e afundir cinco, os restantes 17 barcos que Papías conseguiu salvar, escaparon, e navegaron cara aos seus portos.[4]

Con posterioridade á batalla de Milae, Papias desaparece e non volve ser mencionado, descoñecéndose o seu destino.

  1. Apiano (1985), Libro V, 104, p. 325
  2. Burchett (1720), p. 169
  3. Apiano (1985) Libro V, 107, p. 327
  4. Apiano (1985), Libro V, 108, p. 328

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]