Papuxa das figueiras
Aparencia
Papuxa das figueiras Sylvia borin | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar adulto | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Sylvia borin (Boddaert, 1783) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A papuxa das figueiras[2] (Sylvia borin) é unha ave paseriforme da familia dos sílvidos.
Morfoloxía e hábitos
[editar | editar a fonte]A Papuxa picafollas ten unha lonxitude duns 14 cm e pesa uns 20 gramos. O corpo enteiro é de cor parda oliva exceptuando a parte inferior máis clara. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en bosques mixtos, xardíns e parques. Aliméntase de insectos, arañas e bagas.
Reprodución
[editar | editar a fonte]A época de cría vai dende maio a xullo, consistindo a posta en 4 ou 5 ovos. O tempo de incubación oscila entre os 13-14 días, permanecendo os polos preto de 12 días no niño.
Distribución
[editar | editar a fonte]Común en toda Europa, exceptuando o extremo Siberiano e o sur das penínsulas Ibérica, Itálica e Helénica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Sylvia borin". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26/11/2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
- Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
- Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest (en castelán).