Parabéns para ti!
Aparencia
"Parabéns para ti!"[1] é unha canción popular orixinalmente en lingua inglesa e coñecida habitualmente nesa lingua como Happy Birthday to You ou simplemente Happy Birthday, adoita cantarse nas festas de aniversario. Compúxerona en 1893 as irmás Patty Hill e Mildred Hill, mestras de profesión co título Good Morning to All. A letra da canción foi rexistrada con copyright en 1935. Os dereitos da canción foron explotados pola editora musical Warner/Chappell ata 2015 cando pasaron ao dominio público por decisión xudicial[2].
Versión orixinal da canción
[editar | editar a fonte]Good morning to you, Good morning to you, Good morning, dear children. Good morning to all |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ás veces sen o signo de exclamación Repertorio do Coro Universitario de Ourense Arquivado 25 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ "Un juez de EE UU declara la canción 'Happy Birthday' libre de derechos de autor", artigo en 20 minutos (en castelán).