Saltar ao contido

Parachutes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Parachutes
Álbum de Coldplay
Publicado10 de xullo do 2000
Gravaciónnovembro de 1999 - maio do 2000
Duración41:48
Xénero(s)rock alternativo, post-britpop
Selo(s)Capitol, Parlophone
ProdutorColdplay, Ken Nelson, Chris Allison
Cronoloxía
The Blue Room
(1999)
Parachutes A Rush of Blood to the Head
(2002)
Na rede
Spotify: 6ZG5lRT77aJ3btmArcykra Discogs: 3334 Allmusic: mw0000101998 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Parachutes é o álbum de estrea da banda inglesa de rock alternativo Coldplay, editado o 10 de xullo do 2000 polo selo Parlophone no Reino Unido. O álbum foi producido polo grupo e o produtor inglés Ken Nelson, agás un tema, "High Speed", producido por Chris Allison. De Parachutes editáronse os exitosos sinxelos "Shiver", "Yellow", "Trouble" e "Don't Panic".

O disco tivo bastante éxito comercial e tivo críticas positivas. Despois da súa edición chegou rapidamente ao número 1 no Reino Unido, e dende entón foi certificado 7 veces platino. Nos Estados Unidos acadou o número 51na lista Billboard 200, e foi certificado 2 veces platino dende entón nese país. O disco gañou o premio Grammy ao mellor álbum de música alternativa no ano 2002 e o Brit ao mellor álbum británico no ano 2001.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Guy Berryman, Jonny Buckland, Will Champion, e Chris Martin.. 

N.º Título Duración
1. "Don't Panic"   2:17
2. "Shiver"   5:00
3. "Spies"   5:18
4. "Sparks"   3:47
5. "Yellow"   4:29
6. "Trouble"   4:31
7. "Parachutes"   0:46
8. "High Speed"   4:14
9. "We Never Change"   4:09
10. "Everything's Not Lost" ("Everything's Not Lost" remata en 5:28, a canción oculta "Life Is for Living" comeza en 5:38) 7:17
41:29