Paradoxurus
Paradoxurus[1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
A civeta asiática Paradoxurus hermaphroditus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Paradoxurus ranges
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
ver táboa |
Paradoxurus é un xénero de mamíferos da familia dos vivérridos que foi nomeada e descrita primeiramente por Frédéric Cuvier en 1822.[2] As especies de Paradoxurus teñen unha cabeza ancha, fociño estreito cun longo rinario que está profundamente asucado no medio. As súas longas orellas son arredondadas no extremo. O rabo é case tan longo coma a cabeza e o corpo.[3]
Características
[editar | editar a fonte]As especies de Paradoxurus teñen unha cabeza ancha, un fociño estreito cun gran rinario que ten un sulco profundo no medio. As orellas son grandes e de puntas arredondadas, as cristas internas e as bolsas están ben desenvolvidas. O cranio mostra un marcado moldeado muscular, e a área postorbital está profundamente constrinxida un pouco detrás dos ben desenvolvidos procesos postorbitais. É considerablemente máis estreito que a área interorbital e que o fociño por encima dos dentes caninos. A fórmula dental é 3.1.4.23.1.4.2. O padal por detás non cobre a metade anterior da fosa mesopterigoide e é plano e está expandido entre os dentes posteriores da zona da meixela. O rabo é case tan longo coma a cabeza e o corpo, ás veces bastante longo e dunhas seis veces a lonxitude dos pés posteriores.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]En 2005 este xénero definiuse comprendendo tres especies nativas do sueste de Asia:[1]
Nome | Imaxe | Distribución |
---|---|---|
P. hermaphroditus (Pallas, 1777)[4] | ||
P. zeylonensis Pallas, 1778[5] | Sri Lanka | |
P. jerdoni Blanford, 1885[6] | Ghats Occidentais, India |
En 2009 propúxose incluír tamén o Paradoxurus aureus, Cuvier, 1822 (civeta dourada de zonas húmidas), o Paradoxurus montanus, Kelaart, 1852 e o Paradoxurus stenocephalus, Groves et al. (civeta dourada de zonas secas), 2009, que son endémicos de Sri Lanka.[7] Porén, un estudo posterior atopou moi pouca diversidade xenética e ningunha estrutura xeográfica nas civetas douradas e non apoiaba a separación proposta. A P. hermaphroditus comprende tres grandes clados que deberían recoñecerse como especies separadas: concretamente unha no subcontinente indio e o sueste asiático, outra en Sumatra, Xava e outras pequenas illass e a terceira en Filipinas e as illas Mentawai.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Wozencraft, W.C. (2005). "Order Carnivora". En Wilson, D.E.; Reeder, D.M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (en inglés) (3ª ed.). Johns Hopkins University Press. pp. 550–551. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
- ↑ Cuvier, F. (1822). "Du genre Paradoxure et de deux espèces nouvelles qui s'y rapportent". Mémoires du Muséum d'Histoire Naturelle Paris 9: 41–48.
- ↑ 3,0 3,1 Pocock, R. I. (1939). "Paradoxurus". The Fauna of British India, including Ceylon and Burma. Mammalia. Volume 1. London: Taylor and Francis. pp. 379–415.
- ↑ Pallas, P. S. (1778). "Das Zwitterstinkthier". En Schreber, J. C. D. Die Säugethiere in Abbildungen nach der Natur, mit Beschreibungen. Erlangen: Wolfgang Walther. p. 426.
- ↑ Pallas, P. S. (1778). "Der Boshond". En Schreber, J. C. D. Die Säugethiere in Abbildungen nach der Natur, mit Beschreibungen. Erlangen: Wolfgang Walther. p. 451.
- ↑ Blanford, W. T. (1885). "A Monograph of the Genus Paradoxurus, F. Cuvier". Proceedings of the Zoological Society of London 53 (4): 780–808. doi:10.1111/j.1096-3642.1885.tb02921.x.
- ↑ Groves, C. P.; Rajapaksha, C.; Mamemandra-Arachchi, K. (2009). "The taxonomy of the endemic golden palm civet of Sri Lanka" (PDF). Zoological Journal of the Linnean Society 155: 238–251. doi:10.1111/j.1096-3642.2008.00451.x. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2017. Consultado o 05 de abril de 2020.
- ↑ Veron, G.; Patou, M.-L.; Tóth, M.; Goonatilake, M.; Jennings, A. P. (2014). "How many species of Paradoxurus civets are there? New insights from India and Sri Lanka". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research 53 (2): 161–174. doi:10.1111/jzs.12085.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paradoxurus |
- "Paradoxurus" Arquivado 26 de maio de 2017 en Wayback Machine.. ASM Mammal Diversity Database. American Society of Mammalogists. Consultado o 3 de xuño de 2019.