Park Avenue
Park Avenue | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | rúa ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Nova York | |||
Cidade | Nova York | |||
Borough | Bronx ![]() | |||
Dimensións | ||||
Lonxitude | 10,9 millas ![]() | |||
Implicados | ||||
Propietario | Nova York ![]() | |||
[ Wikidata ] |


Park Avenue (antes Fourth Avenue, en galego Cuarta Avenida) é unha ampla avenida de Nova York, que se estende de norte a sur de Manhattan. Está cortada pola Grand Central Station que delimita Park Avenue North con Park Avenue South. A avenida é na súa maior parte paralela a Madison Avenue, situada ao oeste e a Lexington Avenue situada ao leste.
Descrición
[editar | editar a fonte]Park Avenue North esta sobre todo considerada como barrio, de prezos inmobiliarios elevados, a nivel do Upper East Side. É a localización dun certo número de tendas de luxo que se instalaron na parte de Avenida Lexington.
Park Avenue North, até o nivel da rúa 90, pode ser considerado como a Avenida Foch de Nova York, debido ao seu verdor e a súa posición no centro de Manhattan. As dúas vías da avenida están separadas por unha fila de arbustos. Compostos de follas verdes e de flores, mantidos pola Fund for Park Avenue. A vía férrea de Grand Central, que é subterránea por Park Avenue, emerxe en Harlem ao norte da rúa 100.
Park Avenue South, que enlaza Grand Central en Union Square é moito máis activo, sede de numerosas oficinas, bancos, hoteis e compañías como General Atlantic[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "General Atlantic". Linkedin.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Park Avenue ![]() |