Os vestixios concéntranse nos arredores da poboación de San Andrés de Pisimbalá. As tumbas atópanse en varios sitios, sendo o máis representativo Segovia, que queda a 20 minutos a pé dos museos. O conxunto componse de El Duende, a 600 m ao nordeste de Segovia, San Andrés, situado 1500 m ao norte da sede administrativa, El Aguacate, sobre unha zona de difícil acceso e El Tablón, a 750 m ao nordeste de San Andrés de Pisimbalá. A topografía da área é abrupta, conserva vexetación primaria en pequena proporción e algúns animais silvestres. Os vestixios arqueolóxicos inclúen tumbas subterráneas ou hipoxeos, e estatuas de pedra, que dentro do parque se agrupan en cinco zonas: Alto del Aguacate, Alto de San Andrés, Loma de Segovia, Alto del Duende e El Tablón. As instalacións do parque contan cun museo arqueolóxico e un etnográfico.
O parque xerou un significativo pulo para a economía local debido á alta afluencia de turistas, tanto colombianos como estranxeiros. O sitio foi clasificado no ano 2012 entre os 100 lugares Patrimonio da Humanidade máis ameazados.[1]