Saltar ao contido

Santuario de fauna e flora de Malpelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSantuario de fauna e flora de Malpelo
Imaxe
Tiposantuario de fauna e flora Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIlla de Malpelo Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaValle del Cauca, Colombia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 4°00′N 81°36′O / 4, -81.6
Composto por
Características
Superficie857.500 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → América Latina-Caribe
Data2006 (30ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii) e (ix) Editar o valor en Wikidata
Identificador1216
Categoría IV da UICN: área de xestión de hábitat e especies
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 303552 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación31 de outubro de 1995 Editar o valor en Wikidata

Páxina webold.parquesnacionales.gov.co… Editar o valor en Wikidata

O santuario de fauna e flora de Malpelo é unha área mariña protexida de Colombia e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende 2006.

Este santuario de fauna e flora, que inclúe a illa de Malpelo (350 ha) e a zona marítima circundante (857.150 ha), está situado a 506 km da costa colombiana. O seu amplo parque mariño, que é a maior zona de prohibición de pesca de todo o Pacífico oriental tropical, é un hábitat vital para unha serie de especies mariñas ameazadas a nivel mundial. Así mesmo, é unha importante fonte de nutrientes e, polo tanto, unha zona de grande acumulación de biodiversidade mariña. A illa de Malpelo é, en particular, un santuario de meros xigantes, peixes voadores e especies raras de quenllas. A súa costa está considerada un dos lugares máis extraordinarios do mundo para o mergullo, debido á excepcional beleza dos seus cantís e covas escarpadas. Ademais, as súas augas profundas serven de refuxio a un número considerable de especies peláxicas e grandes depredadores mariños, cuxo comportamento natural permanece inalterado neste medio protexido.[1]

  1. "Malpelo Fauna and Flora Sanctuary". UNESCO. Consultado o 8 de agosto de 2016.