Saltar ao contido

Parque Nacional de Serengueti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque Nacional de Serengueti
(en) Serengeti National Park
(sw) Hifadhi ya Serengeti Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoárea protexida transfronteiriza
atracción turística Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaSerengueti Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRexión de Mara, Tanzania e Rexión de Simiyu, Tanzania Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónTanzania Editar o valor en Wikidata
Mapa
 2°19′58″S 34°34′00″L / -2.3328, 34.5667
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 1.476.300 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → África
Data1960 (?ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii) e (x) Editar o valor en Wikidata
Identificador156
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 916 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación2020 Editar o valor en Wikidata
Actividade
OperadorAutoridade dos Parques Nacionais de Tanzania Editar o valor en Wikidata

Sitio webserengeti.org Editar o valor en Wikidata

O Parque Nacional de Serengueti (ou Serengeti) é un parque nacional de grandes dimensións (cerca de 40.000 km²) na ecorrexión de Serengueti, no norte da Tanzania, limítrofe con Kenya, na África oriental.

É famoso polas migracións anuais de ñus, cebras e gacelas e outros antílopes que ocorren de maio a xuño. É Patrimonio Mundial da UNESCO desde 1981.[1]

Os cinco grandes animais do parque, así chamados polos cazadores desde hai anos, son o león, o leopardo, o elefante, o rinoceronte e o búfalo cafre. Pero no parque tamén se enciontran xirafas, numerosos antílopes, hienas, guepardos e primates, ademais de máis de 500 especies de aves.

Cerca do parque encóntrase a Garganta de Olduvai, onde se encontraron moitos fósiles e artefactos de homínidos.

Principais especies

[editar | editar a fonte]

Os "cinco grandes"

[editar | editar a fonte]
  • León: crese que o Serengueti ten a máis grande poboación de leóns de África, en parte debido á gran cantidade de animais que lles serven de presa. Actualmente hai máis de 3.000 leóns vivindo no ecosistema do parque.
  • Leopardo africano: estes predadores son frecuentemente avistados na rexión de Seronera, pero existen en todo o Parque Nacional, e a súa poboación actual é aproximadamente de 1.000 individuos.
  • Elefante africano: as mandas deste animal recupéranse da gran mortalidade dos anos 1980, causada pola caza furtiva, concentrándose no norte do parque.
  • Rinoceronte negro: encóntranse próximos aos inselbergs (montes testemuña) no centro do parque. Quedan poucos individuos, debido á caza furtiva. Ás veces, animais da Reserva Masai Mara atravesan os límites do parque e ingresan no territorio do Serengueti, desde o norte (Kenya).
  • Búfalo africano: aínda abundante, pero o seu número diminuíu debido a enfermidades.

Ouros mamíferos

[editar | editar a fonte]

Principais aves

[editar | editar a fonte]

Poboacións de animais

[editar | editar a fonte]

As poboacións inclúen grandes cantidades de animais: 1.500.000 ñus, 1.000.000 gacelas (entre a gacela de Grant e a gacela de Thomson), 200.000 cebras, 75.000 impalas, 74.000 búfalos, 65.000 topis, 18.000 eláns, 9.250 alcélafos, 9.000 xirafas, 5.000 elefantes, 4.000 hienas, 3.000 leóns e 500 guepardos.

Véxaste tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rodríguez de la Fuente, F. (1970): "3. Los ejércitos viajeros del Serengeti" e "4. Entre búfalos, damaiscos y elcelafos" en Enciclopedia Salvat de la fauna. Tomo I. África (Región etiópica). Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 55–123.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]