Saltar ao contido

Parque Natural de Somiedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque Natural de Somiedo
Imaxe
TipoReserva da biosfera
Lugar de importancia comunitaria
espazo natural protexido
parque natural Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAsturias, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°04′N 6°13′O / 43.07, -6.22
Características
Superficie291,64 km²
29.006,37101 ha Editar o valor en Wikidata
Categoría II da UICN: Parque Nacional
Reserva da biosfera  
IdentificadorEntrada: unesco.org… Editar o valor en Wikidata
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 151315 Editar o valor en Wikidata
Área protexida da rede Natura 2000
IdentificadorEditar o valor en Wikidata ES0000054 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación10 de xuño de 1988 e 1988 Editar o valor en Wikidata

Sitio webparquenaturalsomiedo.com Editar o valor en Wikidata

O Parque Natural de Somiedo atópase na área central da Cordilleira Cantábrica. Ocupa unha totalidade de 39 164 hectáreas, correspondendo xeograficamente ao concello de Somiedo, que queda completamente incluído no parque, e aos de Miranda e Teberga, todos eles en Asturias (España).

Foi declarado Parque natural en 1988 e Reserva da biosfera no 2000.

Dentro desta gran reserva natural podemos distiguir tres tipos de vexetación:

Os bosques ocupan case a cuarta parte da extensión do parque. Debido á existencia dentro da reserva de case todas as altitudes que existen en Asturias, temos mostras de todos os tipos de bosques asturianos. Abundan os bosques de faias, con zonas de grande importancia en Saliencia e El Vaḷḷe, carballos (Quercus petraea), freixos, pradairos e tileiros.

Noutras zonas abunda o acivro, o teixo, bidueiro, carballo carrasco, a carba -especie mediterránea só existente en Somiedo e o Cares dentro de Asturias-, e castiñeiro.

Prados e pasteiros

[editar | editar a fonte]

O parque tamén conta con amplas zonas de pastos cuxa superficie ocupa unha quinta parte do total do territorio da reserva. Dentro dos prados de montaña podemos destacar o narciso de trompeta e asturiano.

Lago de Somiedo.

Matogueiras

[editar | editar a fonte]

É a terceira variedade vexetativa do parque, son frecuentes as de queiroa e carrascas. Noutras partes do parque son máis habituais as matogueiras de uz moura e arandeiras.

Vexetación subalpina

[editar | editar a fonte]

Nesta zona de difícil desenvolvemento debido ás inclemencias meteorolóxicas crecen as matogueiras de xenebreiro rastreiro, gayuba e lauréola (Daphne laureola), arando, brecina e xenciana.

Medios acuáticos e higrófilos

[editar | editar a fonte]

A fisionomía glaciar deu lugar a lagos, lagoas e turbeiras. Nesta zona podemos atopar o apio rastreiro. Dentro das turbeiras podemos atopar rocío de sol de folla longa, a lentibularia menor, a potentilla arbustiva, a cinta de auga e a cola de cabalo ariegada.SIAPA, Sistema de Información Ambiental do Principado de Asturias[Ligazón morta]

A escasa densidade de poboación da zona e o abrupto do terreo que brinda aos animais abundantes zonas de refuxio dan ao parque unha gran riqueza faunística, de todas elas cabe destacar:

Mamíferos

[editar | editar a fonte]

O oso pardo (Ursus arctos subesp. cantabricus) do que segundo os últimos estudos habita no parque o 40/50 % da poboación total, lobo, xabaril, veado, rebeco, corzo, lebre de piornal, demán ibérico, lontra, raposo, marta, xeneta, gato montés, garduña e teixugo.

Habitan arredor de cento vinte especies de aves: pita do monte (Tetrao urogallus), aguia real, voitre branco, azor, falcón peregrino en perigo de extinción. O peto negro, e o peto mediano están entre as máis estrañas.

Edificacións de especial interese

[editar | editar a fonte]

Un dos emblemas de Somiedo son os teitos, cabanas con cuberta vexetal para o recollemento de persoas e gando que se remontan na súa orixe á época medieval, dentro das dinámicas de competencia polos pastos que fixeron parcelar os pastos de altura de Somiedo. Actualmente, a súa conservación é crítica, tanto que nalgunhas vilas e brañas desapareceron xa todas as construcións que existían deste tipo, e hoxe os visitantes e curiosos só poden contemplar as súas ruínas.

Outros aspectos de interese

[editar | editar a fonte]

Os habitantes do Parque están divididos en dous grupos cultural e socialmente totalmente diferenciados, estes dous grupos singulares, xa que non se parecen ao resto dos grupos étnicos da rexión, son os vaqueiros de alzada e xaldos. Os primeiros -dado o seu carácter nómade e de sociedade pechada- atesouran unha cultura mitolóxica e folclórica especial, o que lles outorga unha especial importancia desde o punto de vista das tradicións e da cultura.

Centro de interpretación

[editar | editar a fonte]

O centro de interpretación e recepción de visitantes do Parque Natural de Somiedo está situado en La Pola Somiedo. O edificio contén unha zona na que se mostran os diferentes aspectos do parque xa sexa sobre a fauna, flora, clima etc.

Existe tamén unha zona especial para o estudo e información sobre a xoia de Somiedo que é o oso pardo cantábrico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]