Parque empresarial da Laracha
Parque empresarial da Laracha | |
---|---|
Factoría de Cerámicas Epifanio Campo, que quedou incluída dentro do ámbito do parque empresarial. | |
Tipo | parque empresarial |
En | Lendo |
País | Galicia |
43°15′38″N 8°36′47″O / 43.260416666667, -8.6131944444444 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O parque empresarial da Laracha é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada na parroquia de Lendo, no concello da Laracha, desenvolvida por Suelo Empresarial del Atlántico.
Historia
[editar | editar a fonte]A infraestrutura foi proxectada dentro do "Plano Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia", aprobado definitivamente o 27 de maio de 2004. En xuño de 2008 recibiu o visto e prace da Consellaría de Medio Ambiente.[1] A súa urbanización haberíase conformar en torno a dúas factorías preexistentes: a siderúrxica Celsa Atlantic e a cerámica Epifanio Campo.
Finalmente foi inaugurado a comezos do ano 2012 polo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo e a daquela ministra de Fomento Ana Pastor Julián[2].
A finais de maio de 2017 a empresa téxtil Inditex anunciou un investimento de 57 millóns de euros para a adquisición de terreos e construción dunha nova plataforma loxística no polígono.[3] Inditex mercou 26 parcelas, uns 218 000 m², para construír unha plataforma loxística para a recepción, almacenamento e clasificación de tecidos e accesorios.[4]
Características
[editar | editar a fonte]- Superficie bruta: 825 249 m²
- Superficie neta: 537 925 m²
- Edificabilidade industrial: 326 199 m²
- Edificabilidade terciario-mixto: 240 865 m²
- Edificabilidade total: 567 064 m²
Accesos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Blasco, Ana. "Medio Ambiente considera viable el parque empresarial de A Laracha - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2017-04-29.
- ↑ "Feijoo y Pastor inauguran el parque empresarial de A Laracha". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-01-30. Consultado o 2017-04-29.
- ↑ "Inditex inviste 57 millóns de euros nunha nova plataforma loxística na Laracha". El Progreso de Lugo. Consultado o 2017-06-22.
- ↑ "La compañía de Amancio Ortega irrumpe en la polémica por la deslocalización de empresas con una inversión de 57 millones para apuntalar su logística en A Coruña galicia.economiadigital.es". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2018. Consultado o 21 de xaneiro de 2018.