Parque nacional Nahanni
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Canadá | |||
Territorio | Territorios do Noroeste | |||
División censal | Região 4 (pt) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 30.000 km² | |||
Punto máis alto | Monte Nirvana (pt) (2.773 m) | |||
Creación | 1976 | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio natural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1978 (2ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii) e (viii) | |||
Identificador | 24 | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 616 | |||
Páxina web | pc.gc.ca… |
A Reserva do Parque Nacional Nahanni (Nahanni National Park Reserve) na Rexión Dehcho dos Territorios do Noroeste, Canadá, ten aproximadamente 4.766 km² e está a uns 500 km. ao oeste de Yellowknife, protexe unha parte da Rexión Natural das Montañas Mackenzie. A peza central do parque é o Río South Nahanni (Naha Dehé). Catro canóns destacados que alcanzan a profundidade de 1000 m.,,[1] chamados Primeiro, Segundo, Terceiro e Cuarto Canón, en liña neste espectacular río de augas bravas. O nome Nahanni provén do nome na indíxena lingua Dene para a zona; Nahʔa Dehé, que significa "río da terra do pobo Nahʔa",[2]:87 que algúns especulan agora poden ser os antepasados dos modernos navajos.
Caracteísticas
[editar | editar a fonte]O parque foi creado en 1976. En 1978 declarouse Patrimonio da Humanidade pola UNESCO,[3] a súa altitude varía de 180 a 2640 msnm.
O parque está atravesado en todo o seu curso polo río Nahanni Sur, que discorre marcado por catro grandes canóns. Na zona central do parque atópase a maior cascada de América do Norte, Virginia Falls, unha fervenza de 200 metros, o río cae desde unha altura de 92 metros, o dobre das cataratas do Niagara. No centro da fervenza asoma un penedo de orixe glacial, chamado Rocha de Mason en honra de Bill Mason, famoso piragüista, escritor e cineasta canadense. Hai unha proposta para cambiar o nome as fervenzas co nome de Pierre Trudeau, o ex primeiro ministro do Canadá.
A contorna natural do parque está formado por bosques de abetos e chopos, tundra alpina, cordilleiras, augas termais sulfurosas e un sistema de covas cársicas, e é o fogar de moitas especies de peixes, aves e mamíferos.
Hai un centro de visitantes en Fort Simpson, a cidade máis próxima onde se explican a xeografía, a cultura e a historia da rexión.
Os únicos medios prácticos para chegar ao parque son o hidroavión e o helicóptero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Parks Canada. 2007. South Nahanni River Touring Guide.
- ↑ Parks Canada. 2002. Nahanni National Park Reserve Natural and Cultural Guide to Nahʔa Dehé
- ↑ "Parque Nacional Nahanni". Sector da Cultura da UNESCO. Consultado o 18 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Parks Canada
- South Nahanni River Arquivado 20 de xuño de 2018 en Wayback Machine.
- Canadian Parks and Wilderness Society - Nahanni campaign
- Northwest Territories Tourism- Nahanni National Park Reserve information
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque nacional Nahanni |