Parrulo de colar
Aparencia
Parrulo de colar | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Aythya collaris' (Donovan, 1809) |
O parrulo de colar[1] (Aythya collaris) é unha ave anseriforme da familia dos anátidos.
Características
[editar | editar a fonte]Presenta un marcado dimorfismo sexual que se aprecia non só na coloración da plumaxe, senón tamén no seu talle e peso. Os machos son lixeiramente meirandes que as femias e seméllanse moito ós seus parentes, os parrulos cristados. Son aves mergulladoras e omnívoras que se alimentan de vermes, insectos, caracois, sementes e plantas acuáticas.
Distribución e costumes
[editar | editar a fonte]Cría en lagos e lagoas do norte dos Estados Unidos e o Canadá. Durante o inverno móvese cara ao sur, ocupando lagos e zonas costeiras do oeste e sur dos Estados Unidos, México, o Caribe e América Central.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Aythya collaris femia.
-
Aythya collaris macho.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parrulo de colar |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Aythya collaris en Iucnredlist.org Arquivado 25 de setembro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)