Saltar ao contido

Partido Nacionalista Español

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Nacionalista Español
Tipopartido político Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticanacionalismo español Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Fundador/aJosé María Albiñana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Entidades
Data
Fundación1930 Editar o valor en Wikidata
Disolución16 de xaneiro de 1937 Editar o valor en Wikidata
Localización
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Burgos Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
SedeMadrid Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Partido Nacionalista Español (PNE) foi un partido español de extrema dereita fundado en 1930 por José María Albiñana.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Tiña por lema "España sobre todas las cosas y sobre España inmortal sólo Dios" (España sobre todas as cousas e sobre España inmortal só Deus) e como símbolo a cruz de Santiago sobre fondo celeste. O partido xuntaba elementos do tradicionalismo católico e monárquico con outros tomados do fascismo italiano. Contaba cunha forza paramilitar denominada Legionarios de España, os seus membros vestían camisola azul e facían o saúdo romano. Nas eleccións de 1936 obtivo un deputado na provincia de Burgos, o propio Albiñana, que logo foi asasinado en prisión ao comezo da Guerra Civil española. Ao comezo da guerra os Legionarios de Albiñana integraron o Terzo Cid, e en xaneiro de 1937 integráronse no carlismo.

O PNE tan só constituíu unha pequena agrupación local escasamente activa na cidade de Vigo, fóra diso carecía de calquera tipo de estrutura no país.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Palacios Bañuelos, Luis. Elecciones en Burgos 1931-1936. El Partido Nacionalista Español. Madrid: Publicaciones de la Cátedra de Historia Contemporánea de España. Universidad Complutense, 1981. ISBN 84-300-3447-1. (en castelán)