Partido da Nación Occitana
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Partido da Nación Occitana | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Socialdemocracia |
Data de fundación | 1959 |
Sede | Niza |
País | Francia |
Na rede | |
http://www.p-n-o.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Partido da Nación Occitana (en occitano: Partit de la Nacion Occitana, até 2004: Partit Nacionalista Occitan) (PNO) é un partido político occitano, fundado en Niza en 1959 por Francès Fontan (1929-1979), inspirado no FLN de Alxeria. Foi fundado como un partido de carácter independentista, con diversas influencias marxistas e libertarias. Sempre ten tido pouco peso e ten sido pouco coñecido pola opinión pública occitana pero ten exercido unha certa influencia sobre o desenvolvemento do occitanismo político. A súa publicación oficial é a bilingüe Lo Lugarn, fundada en 1971 e editada en Agen.
Historia
[editar | editar a fonte]Fontan concebiuno como unha formación independentista e etnista, que propuña a unión das clases occitanas para a liberación nacional nun vago etnicismo de inspiración marxista e libertaria. O seu eco social e militancia xa eran reducidos de entrada, e pronto entraría en crise, xa que ao dar apoio aos independentistas de Alxeria, indirectamente se llo daban a Charles de Gaulle.
Este feito permitiu que tanto Robèrt Lafont como certos sectores do Institut d'Estudis Occitans (IEO) tivesen máis protagonismo político. En 1961 Fontan compuxo Etnismo, cara a un nacionalismo humanista, onde afirma que a estatización e independencia de tódalas etnias terían que estar asociadas cun entendemento internacional, onde a lingua decidiría o criterio de etnia e nación. En 1969 escribiu A lingua occitana na loita pola liberación nacional, onde afirma que a lingua materna considerada como o índice sintético da nación, ten de ser purificada de toda achega estranxeira. E en canto aos inmigrantes, debían de ter tres opcións: retorno ao país de orixe, quedar como estranxeiros ou quedar e aceptar a lingua do país.
O partido tivo posicións internas contraditorias. Por unha banda, un membro do PNO foi á cadea por dar apoio ao FLN. Por outra banda, o PNO evolucionou cara a un marxismo-leninismo terceiromundista, o cal non lle fixo gañar adeptos e chegou á escisión do Comitat Socialista Occitan d'Alliberament dirixido por Pèire Maclouf. A súa participación política foi languidecendo pouco a pouco.
Francés Fontan morreu en 1979 e foi substituído por Jaume Ressaire. Dende os anos oitenta, o PNO abandonou progresivamente a súa orientación marcadamente revolucionaria. Hoxe o seu presidente Jaume Ressaire reivindica unha orientación que privilexie unha unidade teórica entre nacionalistas de diversas orixes políticas, pero rexeitando aos extremistas de dereitas e esquerdas.
Rexeitaron participar nas eleccións rexionais francesas, cosa que os vai marxinar aínda máis en favor do Partido Occitano. Tan só nas eleccións europeas de 2004 participou na Liste Occitanie, Catalogne, Pays Basque con Christian Lacour, pero cuns resultados insignificantes.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en occitano)
Movementos políticos occitanos (occitanismo político) |
Alianza Libre Europea — Anaram Au Patac — Convergència Democràtica Aranesa - Partit Nacionalista Aranès — Gardarem la Tèrra — Hartèra — Iniciativa por Occitania — Liga per la Renaissença dei Libertats Niçardi — Linha Imaginòt — Movemento Rexionalista Lengadocián — Occitania Libertaria — País Nòstre — Paratge — Partido da Nación Occitana — Partit Occitan — Regions e Pòbles Solidaris — Unitat d'Aran — Unitat d'Òc
Comitat Occitan d'Estudis e d'Accion — Comitats d'Accion Occitana — Corrent Revolucionari Occitan — Entau País — Federacion Anarquista-Comunista d'Occitània — Lucha Occitana — Movement Autonomista Occitan — Partit Provençau — Pòble d'Òc — Volèm Viure al País |