Partido xudicial de Redondela
O partido xudicial de Redondela é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide Galiza, sendo o partido xudicial número 10 da provincia de Pontevedra. Comprende os concellos de Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e Soutomaior. Así, este partido xudicial abrangue unha poboación de dereito de 40 766 habitantes.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]A cabeza do partido e polo tanto a sede das institucións xudiciais é Redondela. A dirección do partido está na rúa Xunqueira da localidade, e conta con dous Xulgados de Primeira Instancia e Instrución.
No ano 2012 o Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) propuxo reducir de 13 a 5 os partidos xudiciais existentes na provincia pontevedresa. Así as cousas, con esta nova modificación o partido xudicial de Redondela ficaría integrado no partido xudicial de Vigo.[2]
O partido xudicial de Redondela conta con dous xuíces, establecendo unha proporción dun xuíz por cada 20 383 habitantes (2004), en contraste co ano 1994 cando contaba cun xuíz por cada 40 110 habitantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Partido Xudicial de Redondela (Pontevedra). Xulgados de Primeira Instancia e Instrución" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de decembro de 2013. Consultado o 27 de decembro de 2013.
- ↑ El Poder Judicial propone que Redondela se integre en el partido judicial de Vigo Faro de Vigo.