Pascuala García Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de outubro de 1970 (54 anos) La Canyada, España |
Educación | Universidade de Valencia |
Actividade | |
Ocupación | física, docente |
Empregador | Universidade de Valencia |
Pascuala García Martínez, nada en Cañada de Biar (Alacant) o 16 de outubro de 1970, é unha científica española. Licenciouse en ciencias físicas en 1993 na Universidade de Valencia, doutorándose na mesma universidade en 1998.[1] Desde 2017 é catedrática[2] no departamento de Óptica da Universidade de Valencia[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu principal campo de investigación céntrase no estudo dos moduladores espaciais de luz, no caracterizado e aplicación dos cristais líquidos, o procesado óptico-dixital de imaxes, correlacións non lineais e procesado morfolóxico. Na actualidade o seu labor investigador realízaa na Universidade Miguel Hernández de Elxe co Grupo de Tecnoloxías Ópticas e Optoelectrónicas e á Universidade de Valencia co Grupo de Procesado Optoelectrónico de Imaxes.[4] É coautora de máis de 60 artigos en revistas internacionais, de 6 capítulos de libro e dunhas 70 comunicacións a congresos internacionais e nacionais.[5]
É membro sénior da SPIE (Sociedade Internacional para a óptica e a fotónica fundada nos Estados Unidos en 1955) desde 2010[6] e da OSA (The Optical Society) desde 2015.[7] Tamén é membro doutras asociacións como: SEDOPTICA e EOS.[8]
Compromiso social
[editar | editar a fonte]Destaca o seu labor pola igualdade de xénero na ciencia. Foi a coordinadora do nodo da Comunidade Valenciana de AMIT (Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas) desde 2005 até 2007 e é a presidenta do grupo de "Mulleres en Física" da Real Sociedade Española de Física.[8][9]
Foi membro da Comisión para a Elaboración do II Plan de Igualdade (2013-2017) da Universidade de Valencia, así como a scoordinadora da exposición Investigadoras na Luz e nas Tecnoloxías da Luz para conmemorar o Ano Internacional da Luz (2015).[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tesis doctorales. TESEO." CORRELACIONES MORFOLOGICA I NO LINEALS OBTINGUDES PER METODES OPTICODIGITALS." Pascuala García Martínez.
- ↑ Resolución de 2 de novembro de 2017, da Universitat de València, pola que se nomean Catedráticos de Universidade
- ↑ Universitat de València. Departament d'Òptica. Docents i Investigadors del Departament d'Òptica.
- ↑ Universitas. Universidad Miguel Hernández. Grupo de Tecnologías Ópticas y Optoelectrónicas.
- ↑ ResearchGate. Pascuala García Martínez.
- ↑ "Pascuala Garcia-Martinez". spie.org. Consultado o 2020-04-27.
- ↑ "Women in Optics". spie.org. Consultado o 2020-04-27.
- ↑ 8,0 8,1 Universitas. Universidad Miguel Hernández. Grupo de Tecnologías Ópticas y Optoelectrónicas.
- ↑ Real Sociedad española de Física. GRUPO ESPECIALIZADO DE MUJERES EN FÍSICA (GEMF).
- ↑ Exposición Investigadoras en la Luz y en las Tecnologías de la Luz.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Xénero (ciencias sociais)
- Perspectiva de xénero
- Teito de cristal
- Plataforma Europea de Mulleres Científicas