Passau
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baviera | ||||
Distrito rexional | Baixa Baviera ![]() | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 54.401 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 69,56 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Danubio, Río Inn e Ilz ![]() | ||||
Altitude | 312 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Salzweg, norte Freinberg (pt) ![]() Schardenberg (pt) ![]() Tiefenbach (pt) ![]() Distrito de Passau Neuburg (pt) ![]() Vilshofen an der Donau (pt) ![]() Fürstenzell (pt) ![]() Thyrnau (pt) ![]() Windorf (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Jürgen Dupper (2008–) ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 94032, 94034, 94036 e 94001 ![]() | ||||
Prefixo telefónico | 0851 ![]() | ||||
Código NUTS | DE222 ![]() | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 092620000000 ![]() | ||||
Número de municipio alemán | 09262000 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Montecchio Maggiore (pt) ![]() Liuzhou České Budějovice Veszprém Faro Scurcola Marsicana (pt) ![]() Krems an der Donau Eferding (pt) ![]() Colônia Tovar (pt) ![]() Cagnes-sur-Mer Málaga Dumfries Hackensack (pt) ![]() Akita (1984–) ![]() | ||||
Sitio web | passau.de ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Passau é unha cidade bávara nas ribeiras do Danubio e na fronteira con Austria. É denominada a cidade dos tres ríos porque ademais do Danubio atravésana os ríos Inn e Ilz. Segundo o censo de 2007 conta con máis de 50000 habitantes. A cidade vella (Altstadt) está bordeada polos ríos Danubio e Inn. O conxunto do termo municipal ten unha extensión de aproximadamente 70 km². Alexander von Humboldt, xeógrafo e etnógrafo alemán do século XVIII, considerábaa unha das cidades máis fermosas de Europa.
Historia
[editar | editar a fonte]Tense constancia de asentamento de poboación no territorio onde está actualmente a cidade desde antes da chegada dos romanos. Os romanos construíron o castelo de Boiotro e integraron o territorio á provincia de Recia ata o ano 476 en que abandonaron a rexión. En 739 pasou a ser sede episcopal. Desde 1217 ten os privilexios de cidade episcopal de bispo-príncipe (Fürst) e no ano 1225 adquiriu categoría de cidade.
Passau é o lugar da orixe do Ausbund, o libro de cantos protestantes máis antergo e que aínda empregan hoxe en día os Amish nas súas liturxias. Este libro foi escrito entre 1535 e 1540 polos chamados Bautistas que foran presos na fortaleza da cidade e que despois da súa morte foron considerados mártires.
A cidade foi reconstruída baixo o mandato de arquitectos italianos despois do incendio de 1662, que a destruíu case totalmente. De aí vén a súa arquitectura barroca e que reclamen para si unha certa atmosfera mediterránea que a diferencia das cidades da súa contorna. É desde o ano 1803, e no contexto das guerras napoleónicas, pasa a formar parte de Baviera.
Debido aos tres ríos que a atravesan ten sido asolagada polas enchentes destes ríos e varias ocasións. A máis grave no ano 1954 aínda que no ano 2002 tiveron outro asolagamento importante.
Na historia recente da cidade está marcada como feito sinalado a fundación en 1978 da súa universidade. A máis recente das existentes en Baviera. Conta con 8000 estudantes, repartidos en cinco facultades: Teoloxía, Leis, Ciencias Económicas, Informática, Matemáticas e Filosofía. Debido a que o 12% dos estudantes son estranxeiros pola cantidade de convenios internacionais que asinou a universidade a cidade adquiriu carácter cosmopolita. A cidade experimentou un grande cambio desde a fundación da universidade que ten un peso importante tanto a nivel demográfico así como dinamizador cultural.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Passau |