Patricia McCormick
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (en) Patricia Joan McCormick ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de maio de 1930 ![]() Seal Beach, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 7 de marzo de 2023 ![]() Condado de Orange, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | California State University, Long Beach (en) ![]() Woodrow Wilson Classical High School (en) ![]() Long Beach City College ![]() |
Altura | 162 cm ![]() |
Peso | 58 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | saltadora, nadadora ![]() |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() |
Deporte | Salto ornamental natación ![]() |
Participou en | |
1956 | diving at the 1956 Summer Olympics – women's 3 metre springboard (en) ![]() |
1956 | diving at the 1956 Summer Olympics – women's 10 metre platform (en) ![]() |
1952 | diving at the 1952 Summer Olympics – women's 3 metre springboard (en) ![]() |
1952 | diving at the 1952 Summer Olympics – women's 10 metre platform (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Fillos | Kelly McCormick ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Great Women Athletes of the 20th Century (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Patricia Joan Keller McCormick, nada en Seal Beach, California, o 12 de maio de 1930 e finada no Condado de Orange o 7 de marzo de 2023, foi unha saltadora de trampolín que gañou ambos os eventos de salto en dous Xogos Olímpicos, en 1952 e 1956. Gañou o James E. Sullivan Award á mellor atleta afeccionada dos Estados Unidos en 1956, segunda muller que o conseguiu.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De nena, nas décadas de 1930 e 1940, McCormick destacou por executar saltos de trampolín que non estaban permitidos nas competicións femininas (mergullos que tiñan fama de asustar moitos homes) e por practiar na ponte de Los Alamitos no porto de Long Beach.[1] Asistiu á Woodrow Wilson Classical High School, ao Long Beach City College e á Universidade Estatal de California en Long Beach.[2]
Tralos Xogos Olímpicos fixo xiras de saltos e foi modelo para traxes de baño Catalina. Participou no comité organizador dos Xogos Olímpicos de 1984 e comezou un programa chamado "Pat's Champs", fundación que axuda a motivar a infancia para que soñe ao grande e para que atope xeitos prácticas de obter éxito.[3]
Ao longo da súa carreira gañou tamén catro medallas nos Xogos Panamericanos, entre elas tres de ouro.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O marido de McCormick, Glenn, foi o seu adestrador, así como doutros medallistas olímpicos en saltos de trampolín. Divorciáronse despois de 24 anos de matrimonio e el faleceu en 1995. Tiveron dous fillos: Tim, nado en 1956, só cinco meses antes de que McCormick gañase dúas medallas nos Xogos de Melbourne, e Kelly (nada en 1960), que gañou dúas medallas (prata e ouro) en saltos de trampolín.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Amazing Moments in Olympic History: Pat & Kelly McCormick". Arquivado dende o orixinal o 2010-01-30. Consultado o 2010-09-12.
- ↑ "Going For Gold". Beach (California State University, Long Beach): 15. Verán–inverno de 2016.
- ↑ Carpenter, Eric (2008-08-03). "Memories as good as gold". The Orange County Register. pp. News 6. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2008. Consultado o 06 de xaneiro de 2022.
- ↑ Pat McCormick. sports-reference.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patricia McCormick ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Patricia McCormick at databaseOlympics.com en Wayback Machine (archived 9 de marzo de 2007)