Long Beach
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | California | ||||
Condado | Condado dos Ánxeles ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 466.742 (2020) ![]() | ||||
Número de fogares | 166.236 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | área metropolitana dos Ánxeles ![]() ![]() | ||||
Superficie | 133,322917 km² ![]() | ||||
Auga | 2,2246 % (1 de abril de 2010) ![]() | ||||
Altitude | 9 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1888 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Long Beach, California (en) ![]() ![]() | Rex Richardson (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Long Beach City Council (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 90801–90810, 90813–90815, 90822, 90831–90835, 90840, 90842, 90844, 90846–90848, 90853, 90895, 90899 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | longbeach.gov ![]() |
Long Beach é unha cidade estadounidense situada no condado dos Ánxeles, no estado de California. No censo do ano 2010 tiña unha poboación de 462 257 habitantes, sendo a 39º cidade mais poboada dos Estados Unidos, a 7º de California e a segunda da área metropolitana dos Ánxeles.
A cidade é sede dun aeroporto nacional e do maior porto marítimo industrial da rexión dos Ánxeles. A serie de televisión M.D. está ambientada nesta cidade, e alí celebrouse unha final da Liga Mundial de Wáter-polo. Na cidade tamén se atopa o Circuíto urbano de Long Beach, que albergou carreiras de Fórmula 1.
Long Beach atópase na esquina sueste do condado dos Ánxeles e limita co condado de Orange. O centro de Long Beach está aproximadamente a 35 quilómetros ao sur do centro dos Ánxeles, aínda que as dúas cidades comparten unha fronteira de varias millas.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo a Oficina do Censo, no ano 2000 os ingresos medios por fogar na localidade eran de $37,270, e os ingresos medios por familia eran $40,002. Os homes tiñan uns ingresos medios de $36,807 fronte aos $31,975 para as mulleres. A renda per cápita era de $19,040. Segundo o censo de 2010, arredor do 20,2% da poboación estaba por debaixo do limiar de pobreza.[1]
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Guadalaxara, México
Virginia Beach, Estados Unidos
Bacolod, Filipinas
Calcuta, India
Manta, Ecuador
Phnom Penh, Camboxa
Qingdao, China
Sochi, Rusia
Valparaíso, Chile
Yokkaichi, Xapón
Esmirna, Turquía
Mombasa, Kenya
Carson City, Estados Unidos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Long Beach (city) QuickFacts" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Long Beach ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)