Liga Mundial de Wáter-polo
A Liga Mundial de wáter-polo (FINA Water Polo World League) é unha competición creada en 2002 coa intención de capitalizar a crecente popularidade do wáter-polo, principalmente en Europa, América do Norte e Australia.
A competición é disputada por seleccións estatais durante a tempada cun premio de mil millóns de dólares paara o gañadoor. No ano 2004 iniciouse a competición feminina. É organizada pola FINA.
Formato
[editar | editar a fonte]A liga é disputada nunha primeira fase de grupos onde se enfrontan en partidos de ida e volta. Os grupos, catro en total, están formados por 3 ou 4 equipos e distribuídos segundo os criterios xeográficos e de ránking.
A competición iníciase en xuño. Os tres primeiros de cada grupo avanzan ás semifinais. Os tres primeiros de cada grupo semifinal clasifícanse para as Superfinais do mes de agosto
Liga Mundial masculina
[editar | editar a fonte]Ano | Sede | Ouro | Prata | Bronce |
---|---|---|---|---|
2002 | Patras | Rusia | España | Hungría |
2003 | Nova York | Hungría | Italia | Estados Unidos |
2004 | Long Beach | Hungría | Serbia | Grecia |
2005 | Belgrado | Serbia | Hungría | Alemaña |
2006 | Atenas | Serbia | España | Grecia |
Liga Mundial feminina
[editar | editar a fonte]Ano | Sede | Ouro | Prata | Bronce |
---|---|---|---|---|
2004 | Long Beach | Estados Unidos | Hungría | Italia |
2005 | Kirishi | Grecia | Rusia | Australia |
2006 | Atenas | Estados Unidos | Italia | Rusia |