Patela
Unha patela[1] é unha cesta cadrada de bordo baixo feita con tiras de madeira. As peixeiras utilizaban este tipo de cestas para transportar e exhibi-lo peixe[2].
Fabricación
[editar | editar a fonte]Elabórase coa técnica de tecido plano empregando tiras de madeira de castiñeiro. A boca remátase dobrando a urda e reforzándoa con dúas varas que van cosidas mediante unha tira en espiral. Leva dous buratos confeccionados a modo de asas[2].
A patela na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]A peixeira é unha das figuras máis representativas da cultura mariñeira de Galicia, aparece case sempre representada cunha patela sobre a cabeza, sendo o elemento que mellor as define. Hai diversas esculturas por todo Galicia onde podemos contemplar figuras de peixeiras portando patelas. De igual xeito, nas latas de conserva de Rianxeira[3] e A Churrusquiña[4] aparece representada unha peixeira cunha patela na cabeza.
Refraneiro
[editar | editar a fonte]- Cesta patela, arrumba máis que leva[5].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A Peixeira, da Escola de Canteiros de Galicia en Xinzo (Ponteareas).
-
A Peixeira, de José María Acuña López en Vilanova de Arousa.
-
Do concello ás peixeiras, en Cangas.
-
Monumento á peixeira, de Alfonso Vilar Lamelas en Portonovo
-
Cariátides, de Miguel Peralta en Pontevedra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para patela.
- ↑ 2,0 2,1 Cesto (patela). Museo del Traje. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España.
- ↑ "Logotipo de Rianxeira". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 03 de xullo de 2016.
- ↑ Lata de xoubas A Churrusquiña.
- ↑ Boletín nº 72 - Folk-lore. Adagios populares Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (1913). Boletín da Real Academia Galega.