Patrick O'Flanagan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1947 (76/77 anos) Dublín, Irlanda |
Actividade | |
Ocupación | xeógrafo |
Patrick O'Flanagan, nado en Dublín en 1947, é un xeógrafo e académico irlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Patrick O'Flanagan é catedrático emérito do Departamento de Xeografía[1] da University College Cork[2], Irlanda, onde tamén foi xefe de departamento ata o seu retiro en 2009. Actualmente colabora regularmente co Centro de Investigación Socio-Territorial[3] (GIS-T/IDEGA), da Universidade de Santiago de Compostela.
A súa investigación céntrase principalmente na Europa atlántica, cun particular interese en Galicia e na Iberia atlántica[4], desde a perspectiva da xeografía cultural e histórica. O'Flanagan axudou, de feito, a definir e estandarizar o concepto de Europa atlántica. Outras investigacións súas tratan coa evolución comparada de cidades-porto en Europa, cambio rural, sistemas de asentamentos e habitabilidade.
Obra parcial
[editar | editar a fonte]- The Living Landscape, Kilgalligan, Erris, County Mayo, (con S. O Cathain), Dublin, 1974.
- Rural Ireland,1600-1900: Modernization and Change, (con P. Ferguson e K. Whelan), Cork, 1987.
- Bandon,Irish Historic Towns Atlas, No.3, Dublin, 1988.
- Cork,History and Society,(con N. Buttimer), Cork, 1993.
- Xeografía Histórica de Galicia, Xerais, Vigo, 1996.
- "Galicia en el marco geográfico y histórico de la Europa Atlántica", en Xeográfica I, pp. 115–133, Santiago de Compostela, 2001.
- Port cities of Atlantic Iberia, c. 1500-1900, Aldershot, 2008.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Department of Geography
- ↑ UCC
- ↑ "GIS-T IDEGA". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2018. Consultado o 29 de marzo de 2019.
- ↑ Ferrás Sexto, C. (2001): "Reflexión acerca del significado de la obra del profesor O'Flanagan para la Geografía de Galicia", en Xeográfica no. 1, pp. 199–203, Compostela.