Saltar ao contido

Paul Kagame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaul Kagame

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Ruhango (Ruanda-Urundi) Editar o valor en Wikidata
Presidente da Unión Africana
28 de xaneiro de 2018 – 10 de febreiro de 2019
← Alpha CondéAbdel Fatah al-Sisi →
Presidente de Ruanda
22 de abril de 2000 –
← Pasteur Bizimungu
Vice President of Rwanda (en) Traducir
19 de xullo de 1994 – 22 de abril de 2000
Minister of Defence of Rwanda (en) Traducir
19 de xullo de 1994 – 22 de abril de 2000
← Augustin Bizimana (en) TraducirEmmanuel Habyarimana (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUnited States Army Command and General Staff College (en) Traducir
Universidade Makerere Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoFrente Patriótica de Ruanda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarForças Ruandesas de Defesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarComandante en xefe Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra Civil de Uganda (pt) Traducir
Guerra Civil de Ruanda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
29 de outubro de 2019FII 3rd Edition in Riyadh (en) Traducir
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019
23 de xaneiro de 2018Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018
17 de xaneiro de 2017Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016
21 de xaneiro de 2015Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014
23 de xaneiro de 2013Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013
MENA Summit 2019 (en) Traducir
World Government Summit 2016 (pt) Traducir
Global Conference 2019 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJeannette Kagame (1989–) Editar o valor en Wikidata
FillosIvan, Brian Kagame, Ian Kagame, Ange Kagame Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Obálky knih,
Lista de Ditadores de SourceWatch Editar o valor en Wikidata
Sitio webpaulkagame.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1879094 Facebook: PresidentPaulKagame Twitter: PaulKagame Flickr: paulkagame Editar o valor en Wikidata

Paul Kagame, nado o 23 de outubro de 1957, é o Presidente de Ruanda dende 2000. Foi o fundador da Fronte Patriótica Ruandesa e o seu comandante militar durante a guerra civil ruandesa e o xenocidio ruandés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Kagame naceu en Gitarama (Ruanda) o 23 de outubro de 1957. En novembro de 1959, a poboación hutu, animada polos militares belgas e a Igrexa católica, iniciou unha revolta que concluíu coa saída do poder de Mwami Kigeri V Ndahindurwa, o último monarca.

Durante a revolta de 1959 e despois, máis de 160.000 tutsis fuxiron aos países veciños. En total, uns 20.000 tutsis resultaron mortos. A familia de Kagame fuxiu cando el tiña 4 anos e trasladouse a Uganda.

Servizo militar en Uganda

[editar | editar a fonte]

A súa carreira militar comezou en 1979, ano no que se uniu ao Exército de Resistencia Nacional (ERN) de Yoweri Museveni e pasou cinco anos loitando na guerrilla ugandesa.

O 27 de xullo de 1985, o Exército de Resistencia Nacional conseguiu derrocar a Milton Obote e o seu líder, Yoweri Museveni converteuse en presidente de Uganda.

O mesmo ano, Kagame participou, xunto co seu mellor amigo Fred Rwigema, na fundación da Fronte Patriótica Ruandesa (FPR), que estaba composta na súa maioría por expatriados tutsis ruandeses que loitaran no ERN; a FPR tivo como primeira base Uganda.

En 1986, Kagame converteuse en xefe da intelixencia militar do ERN, e era considerado un dos principais aliados de Museveni.

Invasións e xenocidio en Ruanda

[editar | editar a fonte]

En outubro de 1990, mentres Kagame participaba nun programa de adestramento militar en Fort Leavenworth (Kansas), a FPR invadiu Ruanda. Só dous días despois da invasión, Rwigema morre, convertendo a Kagame en comandante da FPR. A pesar dos seus éxitos iniciais, unha forza composta por militares belgas e franceses, hutus e soldados de Zaire forzaron á retirada da FPR. Tentaron unha nova invasión a finais de 1991, tamén con éxito limitado.

A invasión incrementou a tensión étnica na rexión, incluso no veciño Burundi onde era de carácter semellante. As conversas de paz entre a FPR e o goberno de Ruanda concluíron cos acordos de Arusha, que incluían a participación política da FPR en Ruanda. A pesar do acordo, as tensións étnicas permaneceron.

O 6 de abril de 1994 o avión que transportaba ao presidente de Ruanda, Juvénal Habyarimana, e ao presidente de Burundi, Cyprien Ntaryamira, foi derrubado por un mísil terra-aire cando se aproximaba ao aeroporto de Kigali. Todos os que ían a bordo morreron. Aínda non se coñece a identidade dos responsables. Hai quen acusou a Kagame de ordenar o ataque, aínda que outros din que os responsables foron extremistas hutus próximos ao goberno do propio Habyarimana.

As mortes foron o detonante do xenocidio de Ruanda. Aproximadamente 800.000 ruandeses, sobre todo da etnia tutsi, foron asasinados sistematicamente polo goberno hutu e miles de mulleres foron infectadas co virus do VIH mediante violacións. En resposta, o FPR de Paul Kagame deu un paso adiante nos seus esforzos para derrocar ao goberno xenocida. En xullo de 1994 conseguírono, expulsando aos xenocidas do poder e acabando cos asasinatos de tutsis. Crese que tamén eles atacaron a civís desarmados. Os cálculos sobre o número civís hutus mortos en masacres de represalia por parte da FPR en Ruanda, van dende os 25.000 a máis de 100.000.

Presidente Kagame

[editar | editar a fonte]
Paul Kagame con George W. Bush.

Paul Kagame converteuse en presidente de Ruanda en marzo do 2000, despois de que Bizimungu fose deposto. Tres anos e medio despois, o 25 de agosto de 2003, gañou por esmagadora maioría nas primeiras eleccións nacionais dende que o seu goberno tomou o poder en 1994, entre informes dos observadores da Unión Europea que falaban de irregularidades e acoso aos partidos da oposición.

Kagame tende a quitar importancia ao elemento da súa orixe étnica (el é tutsi), definíndose sinxelamente como ruandés. Os escépticos apuntan ao feito de que a maior parte dos membros do actual goberno de Ruanda son, como Kagame, tutsis que medraron en Uganda.

Kagame é moi crítico coas Nacións Unidas e o seu papel no xenocidio de 1994. En marzo de 2004, as críticas que fixo a Francia polo seu papel no xenocidio ao non tomar medidas preventivas causou unha crise diplomática.


Predecesor:
Pasteur Bizimungu
 
Presidente de Ruanda
 
2000 - Actualidade
Sucesor:
No cargo