Paula Carballeira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1977 (47 anos) Maniños, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Premios | |
Paula Carballeira Cabana, nada en Maniños (Fene) o 7 de setembro de 1972, é unha escritora, intérprete e realizadora de contacontos e actriz galega.
En 2023, foi Premio Nacional de Literatura Dramática do Ministerio de Cultura e Deporte, pola obra As alumnas[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde moi nova mostrou interese pola literatura e o teatro. Estudou Filoloxía hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, cidade onde se trasladou no ano 1989.
Comezou a traballar como narradora oral nos anos 90. Participou en festivais de narración oral tanto a nivel nacional como internacional como Portugal, Polonia, Francia, Colombia, Brasil, Perú, Cabo Verde, entre outros.[4]Realiza tamén a súa actividade en bibliotecas e centros de ensino e formación.[5]
A meirande parte dos contos proveñen da tradición oral galega, engade a súa experiencia ou opinión persoal. As veces adapta relatos de Maupassant a Mia Couto, escritores que para ela teñen amplo coñecemento da transmisión oral.[6]
Escribe relatos infantís e xuvenís, ademais de poesía, ensaio e teatro. Moitos dos seus libros estás traducidos a varias linguas. As temáticas que trata abranguen o misterio, a relación entre a vida e a morte e os medos, onde as mulleres teñen un papel protagonista e sempre con sentido de humor e tenrura.[6]Reivindica a palabra como algo terapéutico e necesario para saír do fastío e a soidade.[4]
Pertence á compañía de teatro Berrobambán dende 1996.Como actriz participou en varias series e programas na Televisión de Galicia. Para Carballeira a dramaturxia e a tradición oral "comparten a intención de poñer diante dos nosos ollos unha ficción, unha verdade sobre a existencia, sobre os seres humanos", salientando a importancia do uso das dúas linguaxes para comunicarnos, comprendernos e acompañarnos.[6]
Obra
[editar | editar a fonte]Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- A percura (Edicións do Cumio, 1990)
- Robin e a boa xente (Edebé-Rodeira, 1993). Foi traducida ao castelán.[7]
- Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima (Edebé-Rodeira, 1996). Foi traducida ao castelán.[8]
- Mateo (Kalandraka, 1999). Foi traducida ao castelán,[9] ao catalán[10] e ao éuscaro.[11]
- Olo-iepu-iepu (Galaxia, 1999)
- Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico (Edicións Xerais, 1999)
- Paco (Kalandraka, 2001). Foi traducida ao castelán,[12] ao catalán,[13] ao éuscaro,[14] ao portugués,[15] ao inglés[16] e ao italiano.[17]
- Correo urxente (Edebé-Rodeira, 2002). Foi traducida ao castelán[18] e tamén publicada en braille.[19]
- O ganso pardo (Edelvives, 2002). Foi traducida ao castelán.[20]
- A era de Lázaro (Galaxia, 2004)
- Smara (Kalandraka, 2006). Foi traducida ao castelán,[21] ao éuscaro[22] e ao portugués.[23]
- A casa redonda (Baía, 2008)
- O lobishome de Candeán (Galaxia, 2009)
- As outras historias (Galaxia, 2011)
- Casas (Tambre, 2012)
- O principio (Kalandraka, 2012). Foi traducida ao castelán,[24] ao catalán,[25] ao éuscaro,[26] ao portugués,[27] ao inglés[28] e ao italiano.[29]
- A burra Ramona (Baía, 2013)
- Chímpate, Pepa! (Triqueta Verde, 2013). Foi traducida ao castelán[30] e ao inglés.[31]
- Bruxa e familia (Oqueleo, 2017)
- Benxamín, o cachalote que quería ser golfiño (Triqueta verde, 2018)
- A tartaruga Amodovou (Oqueleo, 2019)
- Carabela (2020). Galaxia. Ilustracións de Abi Castillo. 140 páxs. ISBN 978-84-9151-451-0.
- Pan con chocolate. A merenda de Gianni (2021). Vigo: Xerais, col. Merlín. Ilustracións Xiana Teimoy. 80 páxs. ISBN 978-84-9121-909-5. ePub: ISBN 978-84-9121-921-7.
- Trece avisos. Contos para ler pola noite (2022). Vigo: Xerais, col. Sopa de libros. Ilustracións de Iria Fafián. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-122-6. ePub: ISBN 978-84-1110-127-1. Traducida ao castelán pola propia autora.[32]
- Daniel no peirao (2023). Vigo: Galaxia. 126 páxs. ISBN 978-84-1176-003-4. Ilustracións de Eli García.
- Wombo Combo (2024). Vigo: Xerais. 88 páxs. ISBN 978-84-1110-458-6. Teatro. ePub: ISBN 978-84-1110-465-4.[33]
Teatro
[editar | editar a fonte]- Boas noites (Xerais/Xunta de Galicia, 2007)
- Alicia & Alicia (Edicións Morgante, 2010)
- Pressing catch (Positivas, 2010)
- A folla máis alta (Versión dramática do poemario Contatrás, 2012)
- O refugallo (Xerais, 2013). Premio Manuel María 2011
- Doppelgänger (Ed. Positivas, 2018)
- Somos os monstros (2019). Xerais, Biblioteca Dramática Galega.
- As alumnas (2022). Vigo: Galaxia. 100 páxs. ISBN 978-84-9151-798-6. Premio Nacional de Literatura Dramática do Ministerio de Cultura e Deporte.
- Ubasute (2024). Vigo: Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-1176-194-9.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Contatrás (Positivas, 2006)
- Contatrás, II-I (Positivas, 2012)
- Nunca mascotas (Ed. Galaxia, 2016)
- Hai quen escolle os camiños máis longos (Ed. Positivas, 2018). Foi traducida ao portugués[34] e ao italiano.[35]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- E continuaremos a contar (2021). Através. 148 páxs. ISBN 978-84-16545-55-1.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Ninguén está só (Tris Tram, 2001)
- Longa lingua (Xerais, 2002)
- Postais do Camiño (Galaxia, 2004)
- O libro dos Reis Magos (Xunta de Galicia, 2012)
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (A. C. Caldeirón, 2013)
- Xabarín 18 (EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia, 2013)
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (libro electrónico, 2015)
- Arrincando marcos 2019 (Positivas, 2019)
- Manuel Antonio e mais nós. Homenaxe a Manuel Antonio (Hércules ediciones, 2019)
- Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.[36]
Premios
[editar | editar a fonte]- 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1988, por A morte do mar.
- I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, no 2006, por Boas noites.
- Finalista do III Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, en 2009, por Servizo de Información.
- Gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2011, por O refugallo.
- Premio Frei Martín Sarmiento de 1º e 2º de primaria en 2016, por A Burra Ramona.
- X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018 por Somos os monstros.
- VIII Premio Follas Novas do Libro Galego en 2023 por As alumnas.
- Premio Nacional de Literatura Dramática 2023 pola obra As alumnas.[37]
Televisión
[editar | editar a fonte]- Pequeno hotel, (2001)
- Pepe O Inglés, (2005, estrea 2006 serie TVG)
- Libro de familia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ EFE (1 de setembro de 2023). "La dramaturga gallega Paula Carballeira Cabana gana el Premio Nacional de Literatura Dramática". elpais.com (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023.
- ↑ "Paula Carballeira Cabana, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 1 de setembro de 2023. Consultado o 24 de outubro de 2023.
- ↑ Redacción (1 de setembro de 2023). "Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023". nosdiario.gal. Consultado o 24 de outubro de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 "Paula Carballeira: “La palabra es fundamental para compartir los miedos”". bibliotecainsular.grancanaria.com (en castelán). Consultado o 2024-04-01.
- ↑ "Paula Carballeira - Maratón de los Cuentos". www.maratondeloscuentos.org. Consultado o 2024-04-01.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Zanetti, Francesc (2024-02-22). "Paula Carballeira: «Nos perfeccionamos a medida que contamos, al experimentar éxitos y fracasos»". Canarias7 (en castelán). Consultado o 2024-04-01.
- ↑ "Robin y la buena gente". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Historia de amores y de viajes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Mateo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "El Mateu". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Matteo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Paco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "En Cesc". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Patxiku". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Xico". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Paco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Beppe". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Correo urgente". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Correo urgente (edición en braille)". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "El ganso pardo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Smara". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Smara". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Smara". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "El principio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Començar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Hasiera". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "O princípio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "The Beginning". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "L'inizio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "¡Lánzate, Pepa!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-29.
- ↑ "Jump, Pepa, Jump!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "13 avisos. Cuentos para leer por la noche". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Consultado o 2023-10-24.
- ↑ "Wombo Combo - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-01-11.
- ↑ Taquelim, Cristina; Cusati, Paula. "Há quem escolha os caminhos mais longos". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-10-24.
- ↑ Piccardi, Alice; Formoso, Tono. "C´e chi preferisce i sentieri più lunghi". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Consultado o 2023-10-24.
- ↑ "Libres e vivas". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-02-10.
- ↑ Diario, Nós (2023-09-01). "Paula Carballeira trae á Galiza o terceiro Premio Nacional de Literatura Dramática". Nós Diario. Consultado o 2023-09-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Carballeira Cabana, Paula". Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo. 2010-2011.
- "Carballeira Cabana, Paula". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.