Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil
Aparencia
O Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil é un galardón teatral creado en 2006 polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) e despois de 2007 pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).[1] Premia as obras dirixidas especificamente ao público infantil, ten dotación económica, en 2006 de 4000 euros e en 2018 de 6000 euros. O premio tamén consiste na publicación da obra gañadora.[2]
Inicialmente a periodicidade foi anual, mais nalgunhas ocasión a súa convocatoria foi cada dous anos. Na páxina do AGADIC fala da súa periodicidade anual.[3] Recoñece a figura de Manuel María.
Edicións
[editar | editar a fonte]Ano | Obra premiada |
---|---|
2006 (I edición) | Boas noites de Paula Carballeira |
2007 (II edición) | Game over de Carlos Losada Galiñáns |
2008 (III edición) | Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa |
2009 (IV edición) | Sopa de xarope de amora de Xosé A. Neira Cruz |
2010 (V edición) | Os reloxos preguiceiros de Néboa de Xavier Lama |
2011 (VI edición) | O refugallo de Paula Carballeira |
2012 (VII edición) | Premio deserto[3] |
2014 (VIII edición) | Xogando con gatos de Antón Cortizas |
2016 (IX edición) | O valo de Carlos Labraña[4] |
2018 (X edición) | Somos os monstros de Paula Carballeira[5] |
2020 (XI edición) | |
2022 (XII edición) | Nin me amoles de Ana Carreira [6] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Estévez, José Luis (16 de maio de 2007). "Cultura crea una agencia que sustituirá al IGAEM y gestionará las ayudas". El País (en castelán). Consultado o 12 de xullo 2018.
- ↑ "O IGAEM crea o Premio de Literatura Dramática Infantil Manuel María". AGADIC. 19 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 "Premios". AGADIC. Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ "Acta de ditame do xurado do XXIII Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil e XII Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicrecres" (PDF). AGADIC. 2 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2019. Consultado o 12 de xullo 2018.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2018. Consultado o 15 de novembro de 2018.
- ↑ http://www.agadic.gal/premios