Pedro Duque
Pedro Francisco Duque Duque, nado en Madrid o 14 de marzo de 1963, é un enxeñeiro aeronáutico e político e foi o primeiro astronauta español. En 2018, foi nomeado ministro de Ciencia, Innovación e Universidades de España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en 1986 na E.T.S.I. Aeronáuticos da Universidade Politécnica de Madrid cunha nota media de 10, sendo así a todo o segundo da súa promoción. Nese mesmo ano comezou a traballar no grupo empresarial español GMV, onde foi destinado ao ESOC en Darmstadt (Alemaña) para realizar traballos no marco da Axencia Espacial Europea (ESA). En 1992, foi seleccionado nun dos concursos que realizou a devandita axencia para buscar persoas que poidan desenvolver o labor de astronauta.
Foi adestrado na Cidade das Estrelas de Moscova (Rusia) e en Estados Unidos. A súa primeira misión espacial foi a STS-95 do transbordador espacial Discovery, entre outubro e novembro de 1998, de nove días de duración, durante a cal supervisou o módulo experimental da ESA. En outubro de 2003, Duque participou noutra viaxe, na cal foi lanzada nunha nave Soiuz TMA, realizando o labor de enxeñeiro de voo e visitando a Estación Espacial Internacional durante dez días para a realización da Misión Cervantes.
Dende novembro de 2004 traballa na Cátedra GMV da E.T.S.I. Aeronáuticos da Universidade Politécnica de Madrid. Impartiu varias conferencias para alumnos tanto da E.T.S.I. Aeronáuticos como da E.U.I.T. Aeronáuticos no marco dun curso de libre elección denominado "Ciencia e operacións no espazo".
Duque foi escollido por Pedro Sánchez como ministro de Ciencia, Innovación e Universidades do seu goberno en xuño de 2018,[1] converténdose no segundo astronauta en ocupar un ministerio no mundo, despois do canadense Marc Garneau.[2]
Honores especiais
[editar | editar a fonte]- En marzo de 1995 recibiu a "Orde da Amizade" concedida polo Presidente Yeltsin da Federación Rusa.
- En febreiro de 1999 recibiu a Gran Cruz ao Mérito Aeronáutico, imposta pola súa Maxestade o Rei de España.
- En outubro de 1999, Pedro Duque recibiu o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional xunto cos astronautas Chiaki Mukai, John Glenn e Valery Polyakov. O premio foilles concedido por ser considerados representantes dos artífices da cooperación internacional na exploración pacífica do espazo.
Vida privada
[editar | editar a fonte]Está casado e ten tres fillos. Duque é afeccionado á natación, ao submarinismo e á bicicleta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García de Blas, Elsa; Gómez,, Manuel V. (6 de xuño de 2018). "Pedro Duque, ministro de Ciencia; Magdalena Valerio, de Trabajo; Isabel Celaá, de Educación". El País (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2018.
- ↑ "Pedro Duque, único astronauta ministro, con el canadiense Mark Garneau" (en castelán). 6 de xuño de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Astronautas de España
- Premios Princesa de Asturias de Cooperación Internacional
- Nados en Madrid
- Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid
- Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Axencia Espacial Europea
- Ministros do Goberno de España da XIV Lexislatura