Pedro Luaces
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1947 |
Morte | 10 de maio de 2010 (62/63 anos) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Pedro Luaces González-Rosón, nado en 1947 e finado o 10 de maio de 2010, foi un político e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Deusto. Militante da UPG, na década que vai desde marzo de 1972 (sucesos de Ferrol) ata outubro de 1982 contribúiu de xeito decisivo ao deseño organizativo do nacionalismo galego, planificando a creación de sindicatos obreiros (SOG) labregos (CCLL) estudantís (ERGA) e toda unha serie de asociacións culturais e ecoloxistas, que permitiron o crecemento das formacións nacionalistas de esquerdas.
Nas eleccións xerais de 1977 e 1979 encabezou a lista do BN-PG por Lugo ao Congreso dos Deputados. En xullo de 1978 converteuse en Secretario xeral da Unión do Povo Galego, posto do que dimitiu en xullo de 1981.
As súas diferenzas coa dirección da UPG comezaran a raíz do golpe de estado do 23 de febreiro de 1981. O impacto da acción de Tejero fixo tomar consciencia ao nacionalismo galego de que a perspectiva da ruptura democrática era moito máis remota que o perigo real dunha involución autoritaria[1]. En 1982 abandonou a UPG e a AN-PG, liderando un colectivo formado por dirixentes nacionalistas da provincia de Lugo, que sintonizaba coas teses eurocomunistas en Enrico Berlinguer.
Despois de abandonar o nacionalismo, Luaces presentouse pola UGT ás eleccións sindicais na Deputación de Lugo logrando a presidencia do comité de empresa. Logo pasou a desempeñar as xefaturas de Persoal e Formación do organismo provincial. Actuou como asesor do presidente do organismo Francisco Cacharro Pardo. Coa chegada ao goberno da Deputación do PSdeG e o BNG deixou as funcións de Persoal aínda que conservou as de Formación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Justo G. Beramendi, Xosé Manoel Núñez Seixas, O nacionalismo galego, 2ª ed., Vigo, 1996