Pedro Madeira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1992 ![]() Vendas Novas, Portugal ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante ![]() |
Período de actividade | 2006 ![]() |
Xénero artístico | Música pop ![]() |
Participou en | |
2006 | Festival de Eurovisión Júnior 2006 ![]() |
Sitio web | pedromadeira.com.pt ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pedro Madeira é un cantante portugués nado en Vendas Novas, no distrito de Évora, en Portugal. Pedro Madeira venceu na preselección nacional para representar a Portugal no Festival de Eurovisión Júnior 2006 en Romanía coa canción "Deixa-me sentir". Ademais de cantar, Pedro tamén toca o piano e a viola, e é o compositor da maioría dos seus temas. En 2007, lanzou o seu primeiro álbum, Dá-me a tua mão, e xa en 2008 comezou o súa primeira xira por Portugal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]1992-06: Inicio
[editar | editar a fonte]Pedro Madeira naceu o 11 de novembro de 1992 e é natural de Vendas Novas. Fillo de mestres, dende cedo demostrou unha forte vertente musical que ten expresado nas clasesde piano, o seu instrumento principal, e no coro Oficina do Canto de Montemor-o-Novo, do cal foi integrante durante dous anos.
2006: Festival da Eurovisión Júnior
[editar | editar a fonte]A súa primeira oportunidade no mundo da música xurdiu en 2006, coa posibilidade de participar no Festival de Eurovisión Júnior 2006. Nesa época comezou a compoñer, xunto cun profesor, a música coa que saíu vencedor, “Deixa-me sentir”. Nese mesmo ano, o 2 de decembro, representou a Portugal en Romanía, país anfitrión do Festival de Eurovisión Júnior 2006.
2007-09: Dá-me a tua mão e Viagem
[editar | editar a fonte]Após o Festival de Eurovisión Júnior 2006, Vidisco e a RTP lanzaron o primeiro álbum de Pedro Madeira, Dá-me a tua mão, que incluía a canción "Deixa-me sentir". O álbum incluía cancións propias compostas por el e versións doutras cancións.
En 2009, lánzase o primeiro EP do cantante, Viagem, no que aparecía por primeira vez a canción "Descobre-me", un dos seus éxitos máis importantes. Este EP daría lugar ao segundo álbum do cantante no 2012.
2012-15: Onze e De Lisboa para ti
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2012, Pedro Madeira lanza Onze, o seu segundo álbum de estudio, que inclúe a canción de Viagem "Descobre-me" e catro sinxelos máis.
O domingo 12 de outubro de 2014 sale o terceiro álbum, titulado De Lisboa para ti. A partir da saída do álbum, iniciou unha xira que percorreu Portugal, Madeira e Angola.[1]
O 24 de abril de 2015 foi unha das actuacións do Especial 22º Aniversario da TVI de Portugal.[2]
2016-actualidade
[editar | editar a fonte]A finais de setembro de 2016 lanza un sinxelo totalmente diferente, cun estilo máis Pop chamado "Há Mais Em Ti", seguido doutro chamada "Mas eu não vou", mais sen novas dun novo álbum.
En setembro de 2018 a RTP anuncia que Pedro Madera formará parte do xurado de 'Juniores', a pre-selección de Portugal para o Festival de Eurovisión Júnior 2018.[3]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Título | Detalles do álbum |
---|---|
Dá-me a tua mão |
|
Viagem |
|
Onze |
|
De Lisboa para ti |
|
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Ano | Sinxelo | Álbum |
---|---|---|
2006 | Deixa-me sentir | "Dá-me a tua mão" |
2009 | Descobre-me | "Viagem" |
2010 | Tempo para viver | "Onze" |
2012 | Inflamável | |
Dueto | ||
O Rapaz do Piano | ||
2013 | A Lenda | "De Lisboa para ti" |
Aprendiz | ||
2014 | LX | |
2015 | Relógio | |
2016 | Há Mais Em Ti | — |
2017 | Mas Eu Não Vou |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instagram (ed.). "Instagram do Pedro Madeira". Consultado o 4 de xuño de 2015.
- ↑ "Pedro Madeira amanhã no aniversário da TVI". Consultado o 4 de xuño de 2015.
- ↑ "Portugal: Pedro Madeira Featured on Juniores de Portugal Jury Panel" (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2018.
- ↑ [1] Dá-me a tua mão na iTunes Store
- ↑ [2] Onze na iTunes Store
- ↑ [3] De Lisboa para ti na iTunes Store
Predecesor: - |
![]() Portugal no Festival de Eurovisión Júnior 2006 |
Sucesor: "Só quero é cantar" Jorge Leiria |