Pedro Tertuliano Hervella Nieto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1891 A Rúa, España |
Morte | 27 de agosto de 1970 (79 anos) O Barco de Valdeorras, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Familia | |
Fillos | Antonio Hervella Martínez |
Pai | Antonio Hervella Ferreira |
Irmáns | Evelina Hervella Nieto |
Pedro Tertuliano Hervella Nieto, nado na Rúa o 23 de marzo de 1891 e finado no Barco o 27 de agosto de 1970, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Hervella Ferreira. Estudou o bacharelato no instituto de Valladolid. Estudou Dereito na Universidade Central, licenciándose en 1913. Exerceu como avogado no partido xudicial do Barco. Colaborou en revistas xurídicas (Astrea e Revista de Legislación y Jurisprudencia), no periódico El Sil do Barco, en Aquiana de Ponferrada e foi correspondente de Ideal de Madrid (1912) onde asinaba co pseudónimo Fray Marcelo, Correo de Galicia, El Noroeste (1922) e Vida Gallega. Foi director e intérprete de obras teatrais representadas no Liceo Artesano (1911) e Círculo Católico de Obreros do Barco (1916).[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1980 o Instituto de Estudos Valdeorreses elixiuno como primeiro Valdeorrés Ilustre. A sección de historia do IEV creou un premio de investigación que leva o seu nome.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pedro Tertuliano Hervella, pionero de investigadores", La Voz de Galicia, 11-3-1989, p. 29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía na web do concello do BarcoArquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.