Pedro de Betanzos
Biografía | |
---|---|
Morte | 1570 (Gregoriano) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, misioneiro |
Orde relixiosa | Ordes franciscanas |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography |
Pedro, nado en Betanzos a finais do século XV e finado en 1570 en Chomes (hoxe en Puntarenas, Costa Rica), foi un misioneiro franciscano en América central.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixinario de Betanzos.[1][2] Ingresou en 1519 no convento franciscano da súa vila, e posteriormente viviu no do Val de Deus.[2] Foi un dos primeiros misioneiros franciscanos na Capitanía Xeneral de Guatemala,[1] e máis concretamente no territorio da actual Costa Rica;[2] alí chegou arredor do 1550.[3] Estaba dotado de gran capacidade para os idiomas, chegando a dominar entre outros o náhuatl, o quiché, o tz’utujil e o kaqchikel.[1][2][3] Segundo os seus escritos, durante a súa vida xurdiu unha controversia entre os franciscanos e os dominicanos encol o uso do termo indíxena «Cabovil» como sinónimo de «Deus». Pedro de Betanzos insistiu en que non eran termos sinónimos, como si defendían os dominicanos, e sempre empregou a palabra «Dios» incluso ao escribir en linguas indias. Os franciscanos estaban no correcto, xa que os indíxenas non tiñan unha concepción do monoteísmo, e o termo facía referencia a unha "esencia espiritual" que permeaba o mundo, unha concepción máis próxima ao animismo e ao fetichismo; a polémica rematou coa prohibición aos dominicanos de usar o termo «Cabovil» por parte do seu visitador Tomás Casillas.[1][4] Pedro de Betanzos foi tamén un dos autores dunha obra publicada en México e titulada "Arte, Vocabulario y Doctrina Christiana en Lengua de Guatemala"; foi a obra impresa máis antiga nalgunha lingua indíxena de Guatemala, pero non se conserva ningunha copia dela.[1][2][3] Pedro de Betanzos foi tamén fundador da Igrexa en Nicaragua e Costa Rica, onde finou en 1570 en Chomes.[1][5][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Bandelier, Adolph Francis Alphonse (1907). "Fray Pedro de Betanzos". En Herbermann, Charles George. Catholic Encyclopedia (en inglés) II.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Blanco Segura, Ricardo. "Pedro de Betanzos". DB-e. Real Academia da Historia. Consultado o 7/12/2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Imágenes costarricenses: crónicas de Francisco María Núñez, José J. Sánchez Sánchez y José Antonio Zavaleta. Editorial Universidad de Costa Rica. 1994. p. 240. ISBN 9789977672694.
- ↑ Zulaica Gárate, Román (1991). Los franciscanos y la imprenta en México en el siglo XVI. UNAM. p. 79. ISBN 9789683619952.
- ↑ A Catholic Encyclopedia fala de que finou en Chomez, e sitúa este lugar en Nicaragua; porén, é actualmente un distrito de Costa Rica.