Pedro de Quevedo y Quintano
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1736 Villanueva del Fresno, España (pt) |
Morte | 28 de marzo de 1818 (82 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | catedral de Ourense |
Cardeal | |
8 de marzo de 1816 – | |
Bispo de Ourense | |
15 de abril de 1776 – ← Alonso Francos Arango (en) – Dámaso Iglesias Lago → Diocese: diocese de Ourense | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1776–), sacerdote católico (1760–), político |
Consagración | Felipe Beltrán Serrano (pt) |
Pedro Benito Antonio Quevedo e Quintano, nado en Villanueva del Fresno, Badaxoz, o 12 de xaneiro de 1736 e finado en Ourense o 28 de marzo de 1818, foi un eclesiástico e político español.
Biografía
[editar | editar a fonte]De familia fidalga, cursou os seus primeiros estudos cos xesuítas de Badaxoz. Licenciouse en Teoloxía no Seminario Diocesano de Ávila e doutorouse na Universidade de Salamanca (1766).[1]
Nomeado bispo en 1776, foi fundador do Seminario de Ourense en 1803, e un dos cinco elixidos para participar no Consello de Rexencia que fixo as funcións da Xunta Suprema Central durante a Guerra da Independencia. Foi nomeado Inquisidor xeneral ata a disolución do Santo Oficio polas Cortes de Cádiz, onde se mostrou renuente a recoñecer que a soberanía nacional recaese nas propias Cortes, negándose a xurar a Constitución de 1812 polo que foi desterrado.[2] En 1816 o Papa Pío VII nomeouno cardeal.
O seu sepulcro na Catedral de Ourense foi realizado polo escultor Antoni Solà.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha do cardeal en Fiu.edu
- ↑ "Quevedo, el obispo que llegó en mula". Faro de Vigo (en castelán). 9/10/2012. ISSN 1131-8163. Consultado o 10/3/2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro de Quevedo y Quintano |
A Galipedia ten un portal sobre: Ourense |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amor Meilán, Manuel (1908). El obispo de Orense D. Pedro Quevedo y Quintano como patriota y como político.
- Cárcel Ortí, Vicente. "Pedro Benito Antonio de Quevedo y Quintano" Diccionario Biográfico Español. RAH (en castelán).
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 142.
- Gutiérrez, I. (2008). "Iconografía de Don Pedro Quevedo y Quintano, obispo de Orense (1776-1818) y Regente de España (1810)". Anales de Historia del Arte (en castelán) (UCM) (extra): 341–354. ISSN 0214-6452.
- Hernández Figueiredo, J. R. (2012). El cardenal Pedro de Quevedo y Quintano en las Cortes de Cádiz (en castelán). BAC. ISBN 978-84-220-1585-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Juana López, Jesús de (28/12/2012). "Curas gallegos en las Cortes de Cádiz". Faro de Vigo (en castelán). ISSN 1131-8163.
- Retrato de Pedro de Quevedo e Quintano en Retratos de Españoles ilustres, 1791 (en castelán).
- "Fundación y Establecimiento del Seminario Conciliar de San Fernando" Bispado de Ourense (en castelán).
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Alfonso Francisco Arango |
Bispo de Ourense 1776 - 1818 |
Sucesor: Dámaso Egidio Iglesias Lago |