Peixe sapo negro
Peixe sapo negro | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Lophius budegassa Spinola, 1807 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Lophius bugadessa (Spinola, 1807) |
O peixe sapo negro (Lophius budegassa) é unha especie de peixe da familia Lophiidae distribuído polo nordeste do océano Atlántico desde as illas Británicas até o Senegal, o mar Mediterráneo e o mar Negro.[1]
Anatomía
[editar | editar a fonte]Coa forma típica dos peixes da súa familia, é unha especie de gran tamaño, cunha lonxitude máxima normal duns 50 cm,[1] aínda que se describiu un exemplar de 100 cm.[2] Diferénciase do peixe sapo común (Lophius piscatorius) por presentar un peritoneo escuro que é visible a través da pel do ventre, pola súa cabeza proporcionalmente menos longa e por ter a terceira espiña cefálica máis curta.[3]
Hábitat e forma de vida
[editar | editar a fonte]Vive en augas moi profundas pousado directamente sobre o fondo mariño, nun rango de profundidade de entre 300 e 1.000 metros.[4]
Aliméntase de organismos que nadan a media profundidade e que baixan un momento ao fondo para comer atraídos polo seu reclamo, polo que as súas presas son preferentemente peixes.[2]
Pesca
[editar | editar a fonte]É unha especie que se pesca e comercializa.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Caruso, J.H., 1990. "Lophiidae". p. 479-480. En J.C. Quero, J.C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 1.
- ↑ 2,0 2,1 Caruso, J.H., 1986. "Lophiidae". p. 1362-1363. En P.J.P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen e E. Tortonese (eds.) Fishes of the North-eastern Atlantic and the Mediterranean, Volume 3. Unesco, París.
- ↑ Corbera, J., Sabatés, A. e Garcia-Rubies, A. (1996). Planeta, ed. Peces de Mar de la Península Ibérica (en español). Barcelona, España. p. 314. ISBN 84-08-01799-3.
- ↑ Mytilineou, C., C.-Y. Politou, C. Papaconstantinou, S. Kavadas, G. D'Onghia e L. Sion, 2005. "Deep-water fish fauna in the Eastern Ionian Sea". Belg. J. Zool., 135(2): 229-233.
- ↑ Sumaila, U.R., A.D. Marsden, R. Watson e D. Pauly, 2007. "A global ex-vessel fish price database: construction and applications". J. Bioeconomics 9: 39-51.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peixe sapo negro |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Peixe sapo negro |