Peixes anxo
Escuatiniformes Squatiniformes Peixes anxo Rango fósil: xurásico tardío - actualidade [1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Peixe anxo (Squatina squatina) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||
Squalus squatina Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
|
Co nome de peixes anxo coñécense as especies dos peixes cartilaxinosos elasmobranquios selaquimorfos pertencentes á orde dos escuatiniformes (Squatiniformes), que foi establecida en 1926 polo ictiólogo e oceanógrafo español Fernando de Buen y Lozano.
A orde consta só dunha familia, a dos escuatínidos (Squatinidae), que ten un só xénero, Squatina,[2] con 23 especies descritas.[3]
Características
[editar | editar a fonte]Os escuatiniformes teñen o corpo aplanado, case tanto como o das raias, con amplas ás pectorais en forma de trapecio ou de triángulo, que non están soldadas á cabeza. As aletas dorsais son pequenas, e non teñen aleta anal. O lóbulo inferior da aleta caudal é máis longo que o superior.[2] [4][5]
Presentan cinco fendeduras branquiais a cada lado, que son ventrolaterais. A boca, pequena, é terminal, e está armada de pequenos dentes. Todas as especies son vivíparas. A especie máis grande, Squatina japonica, pode alcanzar até 2 m de lonxitude.[2][5]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Son ovovivíparos, e poden producir camadas de até 13 crías.[6]
Os peixes anxo aliméntanse dunha ampla variedade de pequenos peixes óseos, crustáceos, cefalópodos, gasterópodos e bivalvos, mediante as súas mandíbulas protráctiles.[7][8]
Son peixes mariños que habitan en augas pouco profundas (porén, hai unha especie que vive até os 1 300 m de profundidade) en fondos de area e grava, aínda que son nadadores activos.[9][10]
Sistemática
[editar | editar a fonte]- Orde Squatiniformes de Buen, 1926
- Familia Squatinidae Bonaparte, 1838
- Xénero Squatina Duméril, 1806
- Squatina aculeata Cuvier, 1829
- Squatina africana Regan, 1908
- Squatina albipunctata Last & W. T. White, 2008
- Squatina argentina (Marini, 1930)
- Squatina armata (Philippi {Krumweide}, 1887)
- Squatina australis Regan, 1906
- Squatina caillieti J. H. Walsh, Ebert & Compagno, 2011
- Squatina californica Ayres, 1859
- Squatina dumeril Lesueur, 1818
- Squatina formosa S. C. Shen & W. H. Ting, 1972
- Squatina guggenheim Marini, 1936
- Squatina heteroptera Castro-Aguirre, Espinoza-Pérez & Huidobro-Campos, 2007
- Squatina japonica Bleeker, 1858
- Squatina legnota Last & W. T. White, 2008
- Squatina mexicana Castro-Aguirre, Espinoza-Pérez & Huidobro-Campos, 2007
- Squatina nebulosa Regan, 1906
- Squatina occulta Vooren & K. G. da Silva, 1992
- Squatina oculata Bonaparte, 1840
- Squatina pseudocellata Last & W. T. White, 2008
- Squatina punctata Marini, 1936
- Squatina squatina (Linnaeus, 1758), clasificada inicialmente como Squalus squatina Linnaeus, 1758
- Squatina tergocellata McCulloch, 1914
- Squatina tergocellatoides J. S. T. F. Chen, 1963
- Xénero Squatina Duméril, 1806
- Familia Squatinidae Bonaparte, 1838
En Galicia
[editar | editar a fonte]En augas do litoral galego só está citada unha especie, Squatina squatina,[11][12][13] que por iso poderiamos distiguir como peixe anxo propiamente dito, ou peixe anxo común. É pouco abundante, pescándose incidentalmente con artes de arrastre, xa que carece de interese comercial.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bourdon, J. (2009): "Genera from the Fossil Record: Squatina", en The Life and Times of Long Dead Sharks.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Squatinidae en FishBase (en inglés)
- ↑ Squatina en Animal Diversity Web.
- ↑ Squatina Arquivado 17 de outubro de 2014 en Wayback Machine., en Zipcode (en inglés)
- ↑ 5,0 5,1 Squatinidae Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Marine Species Identification Portal. (en inglés)
- ↑ Dulvy, N. K. e J. D. Reynolds (1997): "Evolutionary transitions among egg-laying, live-bearing and maternal inputs in sharks and rays". Proc. R. Soc. Lond., Ser. B: Biol. Sci. 264: 1309-1315.
- ↑ Compagno, L. J. V. e V. H. Niem (1998): "Squatinidae. Angelsharks, sand devils". pp. 1235-1238, en K. E. Carpenter e V. H. Niem (eds.). FAO Identification Guide for Fishery Purposes. The Living Marine Resources of the Western Central Pacific. Roma: FAO.
- ↑ Springer, V. e J. P. Gold, (1989): Sharks in question: the Smithsonian answer book Smithsonian Institution. Washington: Smithsonian Institution Press.
- ↑ Squatinidae, en FishBase (en inglés)
- ↑ Stevens, J. & Last, P. R. (1998): Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., en (eds.) Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. pp. 64-65. ISBN 0-12-547665-5.
- ↑ 11,0 11,1 Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4, p. 47.
- ↑ Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8, pp. 88-89.
- ↑ Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0, p. 14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peixes anxo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Peixes anxo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Encyclopedia of Life (en inglés)
- Animal Diversity Web (en inglés)
- GBIF (en inglés)
- NCBI (en inglés)
- ARKive (en inglés)
- ITIS (en inglés)
- www.oceanfootage.com (en inglés)
- Barcodes of Life Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)