Pelonulinos
Pelonulinos | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Limnothrissa miodon | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
A dos pelonulinos (Pellonulinae) é unha unha subfamilia de peixes teleósteos da familia dos clupeidos (Clupeidae). O seu rexistro fósil abarca desde o eoceno, hai 55 millóns de anos, até a actualidade.[1]
O centro de distribución da subfamilia, con máis da metade das especies á a África occidental. Hai tamén especies que viven no sur e no leste de África (especialmente en Tanzania), na India, no sueste de Asia e en Australia. No Novo Mundo non se encontran hoxe en día, pero o xénero Knightia foi un dos máis abundantes no eoceno, encontrándose por primeira vez na Formación Green River en Norteamérica.[2][3]
Características
[editar | editar a fonte]As especies dos pelonulinos son relativamente pequenas. Algunhas poden alcanzar até 20 cm de longo, pero a media é de 5 a 10 cm, e algunhas especies ananas só chegan a ter unha lonxitude corporal de 1,8 a 2 cm. A maioría das especies están cubertas de escamas.[3]
A boca é terminal, e algunhas especies teñen o maxilar inferior sobresaíndo do superior. Os dentes son pequenos e xeralmente cónicos.[3]
A aleta dorsal, pequena, está situada no centro do lombo, a aleta anal é curta e está sempre detrás do último raio da aleta dorsal.[3]
Vida
[editar | editar a fonte]Polo xeral viven en augas doces, e algunhas especies en auga salobre en esteiros ou lagoas de auga salgada.[3]
Xéneros e especies
[editar | editar a fonte]- Clupeichthys
- Clupeichthys aesarnensis Wongratana, 1983
- Clupeichthys bleekeri Hardenberg, 1936
- Clupeichthys goniognathus Bleeker, 1855
- Clupeichthys perakensis Herre, 1936
- Clupeoides
- Clupeoides borneensis Bleeker, 1851
- Clupeoides hypselosoma Bleeker, 1866
- Clupeoides papuensis Ramsay & Ogilby, 1886
- Clupeoides venulosus Weber & de Beaufort, 1912
- Congothrissa
- Congothrissa gossei Poll, 1964
- Corica
- Corica laciniata Fowler, 1935
- Corica soborna Hamilton, 1822
- Ehirava
- Ehirava fluviatilis Deraniyagala, 1929
- Sandsprotten (Hyperlophus)
- Hyperlophus translucidus McCulloch, 1917
- Hyperlophus vittatus Castelnau, 1875
- Laeviscutella
- Laeviscutella dekimpei Poll, Whitehead & Hopson, 1965
- Limnothrissa
- Limnothrissa miodon Boulenger, 1906
- Microthrissa
- Microthrissa congica Regan, 1917
- Microthrissa minuta Poll, 1974
- Microthrissa moeruensis Poll, 1948
- Microthrissa royauxi Boulenger, 1902
- Microthrissa whiteheadi Gourène & Teugels, 1988
- Nannothrissa
- Nannothrissa parva Regan, 1917
- Nannothrissa stewarti Poll & Roberts, 1976
- Odaxothrissa
- Odaxothrissa ansorgii Boulenger, 1910
- Odaxothrissa losera Boulenger, 1899
- Odaxothrissa mento Regan, 1917
- Odaxothrissa vittata Regan, 1917
- Pellonula
- Pellonula leonensis Boulenger, 1916
- Pellonula vorax Günther, 1868
- Poecilothrissa
- Poecilothrissa centralis Poll, 1974
- Potamalosa
- Potamalosa richmondia Macleay, 1879
- Potamothrissa
- Potamothrissa acutirostris Boulenger, 1899
- Potamothrissa obtusirostris Boulenger, 1909
- Potamothrissa whiteheadi Poll, 1974
- Sierrathrissa
- Sierrathrissa leonensis Thys van den Audenaerde, 1969
- Spratellomorpha
- Spratellomorpha bianalis (Bertin, 1940)
- Stolothrissa
- Stolothrissa tanganicae Regan, 1917
- Thrattidion
- Thrattidion noctivagus Roberts, 1972
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sepkoski, Jack (2002): "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 364: 560.
- ↑ Grande, Lance (): "A revision of the fossil genus Knightia, with a description of a new genus from the Green River Formation (Teleostei, Clupeidae)". American Museum novitates, nº 2731. Resumo Arquivado 13 de xuño de 2007 en Wayback Machine..
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Whitehead P.J.P.; Nelson, G. J. e Wongratana, T. (1988): "FAO species catalogue, volume 7: Subfamily Pellonulinae" pp. 132–144. En: Clupeoid Fishes of the World (Suborder Clupeoidei). Roma: FAO Fisheries Synopsis 125. ISBN 92-5-102340-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
- Whitehead Peter J. P. (2005): Clupeoid fishes of the world (Suborder Clupeoidei). An annotated and illustrated catalogue of the herrings, sardines, pilchards, sprats, shads, anchovies, and wolf-herrings. Part 1. Chirocentridae, Clupeidae and Pristigasteridae. pp. 26–32. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 7. Roma: FAO. Resumo en PDF